EXPOSICIÓN E XOGOS SOBRE MULLERES MATEMÁTICAS

Presentamos o traballo realizado polo alumnado para conmemorar o "Día da Muller e a Nena na Ciencia". Elaboráronse posters e vídeos sobre 14 mulleres matemáticas relevantes da historia, ademais de xogos relacionados coa información exposta.

Algúns dos xogos mencionados anteriormente non están accesibles de momento, posto que será o alumnado promotor o que os presentará ao resto da comunidade do IES de Brión en forma de concurso.

Agardamos que o disfrutedes!!

DÍA INTERNACIONAL DA NENA E MULLER NA CIENCIA

O IES de Brión participa no Plan Proxecta "Rapazas emprendedoras nas TIC este curso co proxecto STEAM en feminino. Ao abeiro do proxecto e do 11F están programadas as seguintes actividades ao longo das vindeiras semanas: 

Día internacional da nena e muller na Ciencia

EXAMES DE MATERIAS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES

CONTACONTOS GALEGO-INGLÉS

Este martes o alumnado de 1º de ESO asistiu a unhas sesións de contacontos galego-inglés impartidas por dúas profesionais, Charo Pita e Patricia McGill, de ascendencia escocesa e irlandesa. Déronlles a coñecer unha pequena mostra de contos do seu repertorio co que o noso alumnado tivo a oportunidade de pasalo ben a través do coñecemento de ambas linguas.

RECREOS DINÁMICOS EN MARCHA

Xa están en marcha os Recreos Dinámicos. Novas actividades para os recreos que se veñen a sumar ás que había ata agora. Despois dun mes de novembro no que empezaron os Xogos tradicionais cos Trompos polo San Martiño. A semana pasada fixérono os Coffee break na biblioteca, conversa amena e entretida en Inglés. Esta semana tócalle empezar á actividade de Baile, o mércores 18 ás 10,05 no Salón de Actos. Na foto o equipo de monitor@s: Yolanda, Xoana, Noa e Diego. Ademais, está en marcha o obradoiro de Robótica no 1º recreo dos luns e dos xoves. Tamén se está a organizar o Campionato de Brilé que comezará despois do Nadal... E outras que irán xurdindo. Animádevos a participar!!!

ALMORZO SAUDABLE

Almorzo saudable 2 Bacharelato A

O pasado martes 3 de decembro o alumnado de 2º de Bacharelato A desfrutamos durante as dúas primeiras horas, dunha actividade que nos quedara pendente en Educación Física o curso pasado: un almorzo saudable!

Contamos coa axuda da profesora Carmen García que foi quen realizou a compra de diversos produtos saudables, de tempada e de calidade; e do persoal da cafetería, que nos prepararon un revolto de ovos e unhas torradas boísimas.

Fixemos grupos e repartimos as tarefas: cortar a froita, poñer a mesa, crebar as noces, recoller e limpar...

O almorzo gustunos moito, probamos cousas novas e descubrimos que comer san pode ser sinónimo de comer rico. Ademais, despois dun longo e intenso trimestre e xa rematados os exames, esta actividade serviunos para despexarnos, manter unha agradable conversa en grupo e cargar as pilas para todo o que queda por vir.

Para rematar, agradecemos a Carmen que quixese facer esta actividade con nós, desfrutamos moito dese tempo na súa compaña.

Alba Caamaño, Antía Cunqueiro, Tania García e Alba Muñiz, 2º Bacharelato A.

Prema aquí para ver todas as fotografías.

 

ENCONTRO CON PERSOAS MAIORES

Desde a titoría de 2º ESO A organizamos para este curso un proxecto de convivencia e aprendizaxe que consiste en varios encontros coas persoas maiores que van ás actividades organizadas no Centro Social Polivalente para eles. Foi posible grazas a Elena Remesar, a persoa encargada de coordinar ditas actividades. Na primeira xuntanza, (viñeron, oito mulleres e un home, das cales todas menos unha emigraron  para buscar unha vida mellor) , na sala de Usos Múltiples, comentáronlle aos rapazes como era o seu nadal cando tiñan a idade deles. Foi unha experiencia moi bonita e da que todos quedaron encantados. No segundo e terceiro trimestre repetiremos. Para rematar compartimos un biscoito na cafetería do centro.

BAILADELA TEATRO, CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende o grupo de teatro do IES de Brión BAILADELA TEATRO tamén quixeron manifestar o rexeitamento á violencia de xénero. Parabéns polo traballo!

CHÍOS CONTRA A VIOLENCIA

Fantástico traballo promovido dende a biblioteca: https://bibliobrion.blogspot.com/

Parabéns a todas e todos os participantes, especialmente aos noso rapeiros David e Yassin!

Distribuir contido