INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O TRANSPORTE ESCOLAR
Enviado por Dirección o Lun, 09/09/2024 - 17:39
Como cada ano, a asignación de transporte escolar xera moitos problemas, xa que cada vez hai máis alumnado matriculado e o número de autobuses non aumenta, xa que a maioría do alumnado usuario de transporte escolar non é lexítimo.
Neste curso, para facilitar que un maior número de alumnos/as poidan empregar o transporte escolar, reasignáronse algunhas paradas a outras liñas.
- A ruta do Tremo (ED152012) perde a parada de Alqueidón, que pasa a ruta Agra de Saime (ED152017) para facilitar que alumnado de bacharelato que vive a máis de 2 km poida ser usuario do transporte escolar. Todo o alumnado que solicitou esta ruta pode empregar o autobús.
- A ruta da Telleira (ED152013) perde as paradas de Soutullo, Estrar, Pérros, Cirro e A Revolta, que pasan a ser asignadas a ruta do Tremo (ED15012).
- O alumnado da ESO e o de Bacharelato de máis de 2 km ten garantizado o transporte escolar.
- O alumnado de Estrar, Pérros e Cirro deberá estar nas paradas correspondentes ás 7:45h. Esta modificación supón un horario diferente. Estase tentando axustar o horario para non perxudicar ao alumnado.
- A parada de A Revolta terá unha nova ubicación (cruce da estrada da Revolta coa estrada Gandariña-Ánxeles) sen que supoña unha modificación do horario.
- A parada da Farmacia só poderá ser empregada polo alumnado da ESO que vive en Soigrexa e arredores, nunca por alumnado que se achegue a esta parada procedente doutros domicilios.
- Na ruta A Graña (ED152014) todo o alumnado pode empregar o autobús.
- A ruta de Liñares (ED152015) asume a parada Cruce dos Ánxeles (A Gándara). Nesta parada só poderá coller o autobús o alumnado da ESO. Non pode coller o bus alumnado de bacharelato nen alumnado da ESO das urbanizacións de Montebalado, Mimosas, Inxerido e proximidades. Estase valorando a posibilidade de que o alumnado de Inxerido poida ser usuario doutra liña, pero a día de hoxe non é posible.
- Na ruta Cruce de Aigrés (ED152016) todo o alumnado pode empregar o autobús.
- A ruta Agra de Saime (ED152017) acollerá a parada de Alqueidón. Nesta parada só poderá coller o autobús o alumnado de ESO que vive no concello de Brión. Na parada do Tremo só poderá coller o autobús o alumnado da ESO da nosa localidade. Nestas dúas paradas nunha poderá subir alumnado de Bacharelato nen tampouco de fóra do concello. Alumnado de bacharelato que vive a mais de 2 km e no concello de Brión poderá empregar o autobús de esta ruta.
- Na ruta Rubial (ED152018) todo o alumnado da ESO e o alumnado de bacharelato que vive a mais de 2 km e solicitou praza pode empregar o autobús. O alumnado de Bacharelato que solicitou a parada de Liñares cruce, non poderá facer uso do transporte escolar.
- Na ruta Busto de Frades (ED152019) todo o alumnado que solicitou praza pode empregar o autobús. O alumnado da parada de Santa Minia empregará tamén este autobús.
Solicitamos que aquelas familias que non vaian empregar o autobús renuncien á praza, indicándoo no correo do instituto ies.brion@edu.xunta.gal