DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Enviado por nuriacastelao o Sáb, 11/12/2021 - 10:21

Este mes de novembro conmemorouse o 25N, Día Internacional da Violencia de Xénero. No IES de Brión leváronse a cabo varias accións para visibilizar esta problemática.

O alumnado de 1º ESO realizaron unha acción baseada na obra de Elina Chauvet (Zapatos Rojos).

Durante varios días, colocáronse no 1º andar, na zona central do centro, 72 pares de zapatillas que representaban as 72 mortes de mulleres por violencia de xénero en España no ano 2021.

Convidouse a toda a comunidade educativa a que pasaran por este espacio efímero de reflexión sobre esta problemática.

Por que cremos nas cousas que son feitas entre todos e para todos.

Moitísimas grazas ás familias pola vosa colaboración.

Aquí vos deixo o resultado. Disfrutádeo!!!


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.