CONVOCATORIA ESTALMAT-GALICIA 2022

Enviado por Dirección o Ven, 07/05/2021 - 09:33

O Proxecto ESTALMAT-Galicia para Estímulo do Talento Matemático en estudantes da nosa Comunidade Autónoma anuncia a Convocatoria 2022 da proba de selección dirixida a estudantes nacidos nos anos 2008, 2009 e 2010, que conformarán a promoción número 15.

O proxecto ESTALMAT-Galicia iniciou a súa andadura no curso 2007-2008, integrado no Proxecto ESTALMAT, iniciativa da Real Academia Española de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de España. Conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, da Axencia Galega de Innovación, do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Nas diferentes edicións, as Deputacións das catro provincias galegas apoiaron economicamente o programa.

O obxectivo de ESTALMAT-Galicia é detectar e prestar atención a nenas e nenos con talento matemático. Trátase de desenvolver aspectos que permitan axudar a pensar en matemáticas, resolver problemas e, en definitiva, pasalo ben coas matemáticas ao tempo que se detecta e canaliza o talento matemático para mellor proveito da sociedade.

Poden acceder a toda a información relativa a convocatoria no seguinte  ENLACE

DÍPTICO


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.