DESCUBRIMOS O AZUCRE OCULTO NOS ALIMENTOS

Enviado por Dirección o Dom, 10/01/2021 - 11:16

Dende o pasado 11 de decembro, o alumnado de Promoción de estilos de vida saudable (2ºESO) exhibe na entrada do centro unha exposición baixo o título “O azucre oculto nos alimentos”. Nela, cada alumna/o expón un produto de consumo habitual entre a mocidade, acompañado dunha saquiña que contén a cantidade aproximada de azucre do alimento.

Con esta exposición, o alumnado trata de tornar visíbel a cantidade deste tipo de glícido que conteñen os alimentos e contribuír a concienciar á comunidade educativa da necesidade de lermos as etiquetas de información nutricional para saber que tipo de substancias estamos a inxerir.

Neste trimestre puidemos aprender a gran cantidade de azucre que consumimos, a maioría das veces sen sermos conscientes, e o doado que é superar a dose máxima recomendada de 25g ao día.

Agora tócanos contárllelo ao resto do instituto!


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.