ORIGAMI NA BIBLIO: UN TRIMESTRE DE ACTIVIDADES
Enviámosvos o enlace ao video-resumo das actividades sobre origami que se realizaron ao longo deste trimestre, aí tamén podedes escoitar os relatos que realizaron os alumnos e alumnas e gravamos na radio.
ENLACE AOS RELATOS DO ALUMNADO
Felicitar a todas e todos os que participaron, xa que se trataba de participar e aprender en común.
Agradecer enormemente a todo o profesorado que se implicou para participar ou facer que o seu alumnado participara no proxecto, cremos que xuntar destrezas e disciplinas distintas axúdanos a aprender mellor.
Por último, achegámosvos as recomendacións lectoras para estas vacacións, baixo o lema "Lecturas diversas para xente diversa", neste caso arredor de tres eixos: cómic, ciencia e mulleres de premio; atoparedes estes libros e moitas outras novidades na biblioteca.
https://bibliobrion.blogspot.com/2020/12/recomendacions-lectoras-lecturas.html
Boas vacacións e boas lecturas!
Equipo de biblioteca
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |