ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA PEDRA VIADA

Enviado por Dirección o Mar, 29/09/2020 - 16:15

Prezadas familias,

Benvidas todas a este novo curso no Ies de Brión! Diante das circunstancias especiais coas que nos toca remar este ano, dende a Anpa imos arrancar cunha oferta case simbólica de actividades, que se desenvolverán ademáis de xeito telemático. Non quixemos renunciar a todo, pero tampouco poñer en marcha propostas que puidesen supoñer ainda máis complicacións organizativas para o centro por mor dos protocolos, así que comezaremos con XADREZ e OBRADOIRO DE ESCRITA CREATIVA, as dúas online. Conforme avance o curso, agardamos que tomen forma outras iniciativas nas que estamos traballando, como un Taller de Arte Urbana, que será, agardamos, ó vivo. Tamén poñeremos en marcha unha nova edición do Certame Cultural en primavera e continuaremos a colaborar co centro na actividade de Teatro Musical que coordina o departamento de Música. Pero o obxectivo último da Anpa é contribuir a mellorar no posible o día a día do noso IES, e para iso seguimos pensando que cantas máis forzas sumemos, mellor: animámosvos a facer tódalas achegas que consideredes de interese e tamén, a asociarvos. Adxuntamos ó final da circular o boletín de inscrición. Unha vez cuberto e ingresados os 12€ da cota por familia, agradecemos que a enviedes ó correo anpaiesdebrion@gmail.com. O buzón da Anpa tamén está a disposición de quen o precise, no fondo do corredor, no primeiro andar do Instituto.

Ánimo a tod@s!

A directiva


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.