QUERES PARTICIPAR NO PROXECTO EpD Lab?

Ao longo de 9 sesións (unha ao mes), o alumnado de 2ºC estivo traballando este curso cuestións como o sexismo, o racismo ou a xenofobia ao tempo que explora conceptos como a obxectividade e a subxectividade, a ficción e a non-ficción ou as fake-news en fotografía, cine e series, redes sociais, canles de youtube... Cada mes, abordamos unha temática concreta a través da súa representación nos medios e coñecemos as técnicas, os recursos narrativos que fan posible que ese imaxinario mediático se integre no cultural e, polo tanto, na sociedade en si mesma.

O peche dos centros de ensino impediunos celebrar nas aulas os últimos obradoiros. Pero a distancia física non ten porque ser tamén social e pedagóxica, así que o equipo do proxecto apostou por trasladar os contidos e metodoloxías presenciais á contorna dixital.

O EpDLab está deseñado e desenvolvido polo equipo técnico de Agareso e financiado por Cooperación Galega. Podedes coñecer máis sobre o proxecto nas seguintes ligazóns:

https://vinte.praza.gal/artigo/adolescentes-que-reflexionan-sobre-a-desigualdade-usando-as-narrativas-dixitais

https://www.agareso.org/wp-content/uploads/2019/10/EpDLab-CINAIC19.pdf


Se queres alumno/a ou docente e queres participar, contacta connosco!