MATERIAL DE TRABALLO PARA OS PRÓXIMOS DÍAS

Enviado por Dirección o Lun, 16/03/2020 - 14:38

Para acceder ao material e directrices de traballo para os próximos días debedes facelo a través do menú TITORIAS que se encontra no lateral desta páxina, dende aí cada alumno/a debe elexir a súa titoría e alí ten un arquivo adxunto ónde aparecen reflectidas as instrucións de cada docente relativo o material, traballo e modo de entrega.

Para o alumnado que non teña conexión a Internet na casa, estamos preparando material e intentaremos facérllelo chegar. Sabemos de algúns casos, pero probablemente non de todos. Se estás nesa situación, ponte en contacto con nós no teléfono do IES que se indica máis arriba. Se sabes de alguén que está nesa situación, dille que se poña en contacto.

ÁCTUALIZACIÓN a sábado 21 de marzo:

-Material de Matemáticas de 1º ESO: pinchando na pestana do departamento de Matemáticas ou na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesbrion/node/3261

-Material de Inglés de 1º e 2º ESO, da profesora Lidia Sánchez: pinchando na pestana de departamento de Inglés ou directamente na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesbrion/node/3259

Insistimos en que é para ir facendo con calma, con tranquilidade, na medida en que as familias o consideren oportuno. Só queremos axudar, non aumentar o estrés que trae consigo esta situación.

Deixamos tamén a disposición das familias e alumnado o correo da nosa orientadora, Esperanza: esperanza@iesbrion.com, así como unha serie de consellos para levar mellor este periodo. Podedes acceder a eles pinchando nos seguintes enlaces:

Un saúdo a todo o mundo, paciencia e moito ánimo!!

A Dirección.


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.