PREPARAR EXAMES SETEMBRO

Para preparar a materia de Lingua Galega e Literatura, á parte de ver os materiais traballados na aula (Libros texto, apuntamentos,...) podedes traballar de forma interactiva cos materiais das seguintes páxinas web.

Lingua: ORTOGRAFÍATINTARRÁS, PINGAS DE LINGUA, APRENDOGALEGO, OGALEGO.EU.

Para acceder a contidos da literatura, historia da lingua e outros, ir a MARLOU, páxina web da profesora Sofía Rama na que se pode ir por cursos, apartados, con presentacións moi ben elaboradas.

Os contidos mínimos están relacionados cunha boa comprensión textual, o uso correcto do rexistro escrito e o estudo duns mínimos en relación aos temas que se viron ao longo do curso. Tamén podedes ver os Criterios de avaliación. Ver:

Contidos mínimos e criterios de avaliación