PREMIO SENSORES 2019 PARA ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO

Enviado por centro o Lun, 24/06/2019 - 13:14

O alumnado de 1º de Bacharelato de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico, foi premiado no concurso "Sensores 2019" convocado por Igaciencia e patrocinado polo Concello da Coruña. O xurado do certame recoñece con este premio a calidade do proxecto interdisciplinar "Visor estereoscópico de gráficos vectoriais interactivos", un visor de figuras, modelos e lugares que nos permite obter unha experiencia inmersiva de realidade virtual empregando o xiroscopio dun dispositivo móbil.

O acto de entrega de premios tivo lugar o pasado xoves 20 de xuño no IES Ramón Menéndez Pidal - Zalaeta da Coruña. Os alumnos Victor Sloth Sixto e Óscar Suárez fixeron unha breve presentación do proxecto e coñeceron os traballos premiados tanto na convocatoria "Sensores 2019" como en "Inventa en galego" por alumnado de toda Galicia.

O proxecto presentado á convocatoria foi evolucionando ata o final de curso, ampliando o repertorio de gráficos disponibles e creando unha páxina web coas versións para móbil e ordenador.

O alumnado implicado realizou unha pequena exposición cos resultados deste proxecto coa finalidade de difundilo entre o alumnado doutros niveis, que puideron desfrutar dunha experiencia inmersiva subindo por escaleiras virtuais, sobrevoando as Cíes ou adentrándose en moléculas de diferentes compostos.

Parabéns ao alumnado participante.

Accede a máis información:

Proxectos premiados de Sensores 2019, en Igaciencia.

Entregados os premios de Sensores, no Concello de A Coruña.


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.