"MAIS EU NON SON EU" OBTÉN O PREMIO ZAMBURRIOI NO FESTIVAL OLLOBOI

Enviado por admin o Ven, 17/05/2019 - 22:55

A curtametraxe "Mais eu non son eu" obtivo o premio especial Zamburrioi, máximo galardón otourgado polo Festival Audiovisual Escolar Olloboi. A cinta resultou escollida polo xurado do festival entre os 40 traballos finalistas.

O premio foi recollido por membros do equipo de cine do IES de Brión na IX edición deste festival, celebrada nos Asteleiros Triñanes, en Cabo de Cruz, onde Quico Cadaval exerceu de mestre de ceremonias.

Parabéns ao alumnado participante no proxecto e á súa directora Ana Cadenas.

Accede a máis información sobre a actual edición do fectival na web de Olloboi

Accede  á curtametraxe na web de Olloboi


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.