Novidades de xaneiro

Comezamos o ano na biblioteca con novas incorporacións bibliográficas que chegan para quedarse e enriquecer un pouco máis a nosa colección. Libros que nos achegan clásicos da literatura española, narrativa actual, e temas de igualdade, divulgación científica e ciencias sociais. De seguido, unha pequena mostra que esperemos desperte a túa curiosidade. Máis na túa biblioteca escolar.


La Tierra en 30 segundos / Anita Ganieri

Blume, 2017

Cuberta
Este libro trasladarache ata o corazón do deserto, as alturas da atmosfera e as profundidades do océano. A súa información é clara e  concisa e vai acompañada de pequenas misións que poñerán a proba os coñecementos que adquiriches.
O planeta Terra é fascinante: é o único planeta no que sabemos que hai vida. Ten uns 5000 millóns de anos de idade e segue xerando novos terreos a través da erupción dos volcáns. Nel habitan millóns de formas de vida, algunhas tan pequenas que para velas necesitarás un microscopio.

Materias: 1. Terra (Planeta)-Libros infantís

Dispoñible na sección de Ciencias Naturais : CN-55 / GAN / tie

El espacio en 30 segundos / Clive Gifford 

Blume, 2018

Cuberta Cando falamos do espazo estamos a falar do universo. O universo é todo o que podemos tocar, percibir, sentir, medir ou detectar. Inclúe as cousas vivas, os planetas, as estrelas, as nubes de po e o espazo baleiro que queda no medio de todos eses obxectos.
Este libro fala sobre moitos temas importantes relacionados co cosmos. Cada un dos temas ocupa unha soa páxina, que podes ler en 30 segundos para que coñezas con rapidez os detalles máis importantes. Se tes présa, tamén atoparás un Resumo en 3 segundos para que captes a idea principal nun momento. E as misións de 3 minutos daranche a oportunidade de investigar en persoa algúns principios do universo desde a comodidade da túa casa na Terra.

Materias:  1. Sistema Solar-Libros infantís

Dispoñible na sección de Ciencias Naturais : CN-523 / GIF / esp

Diversidad : somos diferentes, únicos y especiales / VV.AA.

Parramón, 2008

Cuberta

Trátase dun libro único na forma de abordar o universo da diversidade. Parte da diferenza, en todas as súas dimensións e de maneira pouco convencional, para comprender o que é a igualdade. É un libro aberto, que non dá solucións nin respostas definitivas e que confía na intelixencia dos nenos, na súa capacidade de asombro e na súa habilidade para transformar o que lles rodea. Vén acompañado dun xogo  Pónte no meu lugar! que pon a proba e adestra a intelixencia emocional dos xogadores.

Materias: 1. Multiculturalidade

Dispoñible na sección de Desenvolvemento persoal : DP-316 / DIV

Yo voy conmigo / Raquel Díaz Reguera

Thule, 2017

Cuberta

A unha nena gústalle un neno, pero o neno non se fixa nela, non a mira. Que facer? Os seus amigos aconséllanlle de todo: que se quite as coletas, as lentes, o sorriso, as pencas, as ás, que non sexa tan parlanchina. O neno por fin fixouse nela, pero, con tanto quitar, ata se foron os paxaros da súa cabeza. E a nena dáse conta de que xa non é ela e decide recuperar as súas coletas, as súas lentes, o seu sorriso, as súas pencas, as súas ás, as súas palabras...

Materias: 1. Autoestima-Contos. 2. Emocións e sentimentos-Contos

Dispoñible na sección de Reforzo á lectura: IL-82/ DÍA / yov

La Segunda República española / VV.AA. 

Xerais, 2018

Cuberta

Durante máis de 40 anos, Gonzalo Pontón, editor de  P& P, quixo editar un libro rigoroso e científico sobre a segunda república española. A gran cantidade de literatura existente sobre a guerra civil ha eclipsado en parte a historia do período anterior e o uso político e interesado da súa historia converteuno nunha pasaxe da historia recente confuso e polémico. Por fin tras anos de traballo constante os catro autores deste libro, cada un especialista en distintos aspectos da vida social e política da España da primeira metade do século  XX, conseguiron arroxar luz e claridade expositiva sobre a segunda república, lonxe de intereses políticos ou ideolóxicos, para poder sopesar o seu legado e as razóns da súa aparición e desaparición.

Materias: 1. España-Historia-1931-1939 (II República)

Dispoñible na sección de Ciencias Sociais : CS-94 / GON / seg

Antología poética de la Generación del 27 / prólogo y coordinación pedagógica, Nando López 

Loqueleo, 2018

Cuberta

Concha Méndez, Federico García Lorca, Carmen Conde, Luís Cernuda, Concha Méndez, Rafael Alberti, Elisabeth  Mulder, Pedro Salinas. Os nomes que compoñen a chamada Generación del 27 son esenciais para entender a historia da poesía contemporánea. Homes e mulleres que fixeron da creación unha forma de vida e que, nesta antoloxía, tentamos acompañar desde os seus primeiros versos ata as súas últimas obras. Unha selección que ofrece todas as claves para entender e gozar da súa evolución literaria e que, ademais, devolve ao primeiro plano ás autoras do 27, outorgándolles o lugar e espazo que a súa indubidable calidade merece. Unha antoloxía, en definitiva, que nace co desexo de que os lectores máis novos poidan gozar da poesía desta xeración que, grazas á súa voz única e singular, cambiou a nosa forma de entender a literatura para sempre.

Materias: 1. Generación del  27 (Literatura)-Antoloxías

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua castelá : LES-P / ANT

Nadie nos oye / Nando López

Loqueleo, 2018

Cuberta
Despois de perder o partido máis importante da súa vida, un mozo de dezasete anos aparece morto por mor dunha terrible malleira. Non hai testemuñas nin probas que sinalen aos culpables, aínda que os recentes enfrontamentos entre o Zayas e o Távoras apuntan a que se trata dun novo episodio na escalada de violencia entre ambos os centros. Só dúas persoas próximas á vítima posúen as claves para desentrañar o sucedido: Quique, un dos seus compañeiros de clase e membro do seu mesmo equipo de  waterpolo; e Emma, unha psicóloga contratada polo club para asesorar aos seus xogadores adolescentes.


Materias: 1. Misterio-Novelas. 2. Investigación criminal-Novelas. 3. Intriga-Novelas. 4. Violencia-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua castelá : LES-N / LÓP / nad

Refugiado / Alan Gratz

Loqueleo, 2018

Cuberta JOSEF é un mozo xudeu que vive na Alemaña nazi dos anos trinta. Ante a inminente ameaza dos campos de concentración, a súa familia e el embárcanse nun navío rumbo ao outro extremo do mundo… ISABEL é unha nena cubana en 1994. Cos disturbios e a axitación que arrasan o seu país, a súa familia e ela bótanse á mar nunha balsa coa esperanza de achar a seguridade en Estados Unidos… MAHMOUD é un raparigo sirio en 2015. Coa súa patria desgarrada pola violencia e a destrución, a súa familia e el inician unha longa camiñada cara a Europa…
Os tres nenos partirán nunha terrible viaxe en busca de refuxio. Os tres enfrontaranse a perigos inimaxinables: desde a posibilidade de morrer afogado ata os bombardeos e as traizóns. Pero sempre existe a esperanza dun mañá, e, aínda que  Josef, Isabel e  Mahmoud están separados polos continentes e as décadas, as súas historias acabarán por entrelazarse de maneira sorprendente.

Materias:  1. Nenos-Novelas. 2. Historia-Novelas. 3. Refuxiados-Novelas

Dispoñible na sección de Literatura en Lingua castelá : LES-N / GRA / ref