ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Dacordo coa resolución conxunta do 25 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa este curso 18/19 correspóndenos facer unha renovación parcial dos membros do consello escolar do IES de Brión.

As eleccións para esta renovación parcial dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar realizaranse entre os días 26 e 30 de novembro de 2018.

Segundo o Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario:

Artigo 30

"A organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral, que se constituirá en cada centro, nas datas que fixe a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e que estará integrada polo director ou directora do centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal, un representante do persoal de administración e servicios, e, de se-lo caso, un alumno ou alumna de educación secundaria; designados os catro últimos por sorteo público no que se preverá a designación de membros suplentes."

Artigo 31

Serán competencias da citada xunta:

a) Aprobar e publica-los censos electorais, que deberán reflexar, en todo caso, nome apelidos dos electores.

b) Concreta-lo calendario electoral, de acordo co establecido no artigo 29° do presente Regulamento.

c) Ordena-lo proceso electoral.

d) Admitir e proclamar candidaturas.

e) Promove-la constitución das distintas mesas electorais.

f) Resolve-las reclamacións presentadas contra as resolucións das mesas electorais.

g) Proclama-los candidatos elixidos e remiti-las correspondentes actas á Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación.

A Xunta Electoral regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, segundo a redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, constituirase entre os días 5 e 8 de novembro de 2018, ambos os dous incluídos.

Procede por tanto celebrar o sorteo publico para a elección dos membros da Xunta Electoral, sorteo que terá lugar o día 2 de Novembro, martes ás 12:05.

.