PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA "DESAFIOS STEM: PROGRAMACIÓN, ROBÓTICA E IMPRESIÓN 3D"

Enviado por admin o Lun, 09/10/2017 - 23:11

O proxecto IVI ( Interpretación Virtual Interactiva) desenvolvido por alumnado de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico ven de obter o 1º premIo do Desafío Programacion da categoría senior do Premio de innovación educativa "Desafíos STEM: Programación, robotica e impresión 3D convocado pola Consellería de Cultura, Educacion e O. U.

Parabéns a Pablo Bouzas Casal, Alex Dosil Souto, Hugo Fiz González Pérez, Ricardo Horta Cadenas, Xosé Lois Piñeira, Javier López Rúa, Lucas Medina Ramos, Carmen Trigo Covas e Manuel Vázquez Dosil.

O proxecto consistiu no deseño e construción dun sistema interactivo que permitise a representación e manipulación dun obxecto 3D en tempo real mediante a información recibida por un sensor.

Elaboráronse dúas variantes, nunha emprégase un ultrasón para definir translacións de figuras, na outra un xiroscopio para definir rotacións.

O traballo abrangue tres grandes áreas:

Obtención e procesado de datos mediante sensores e placa Arduino.

Recollida dos datos a través do porto serie e procesado dos mesmos mediante un script de Python.

Modelado de figuras e asignación de comportamentos mediante sensores e controladores en Blender.

Este proxecto foi desenvolvido cos medios e materiais dispoñibles nas nosas aulas, polo que podería ser reproducido, continuado e mellorado noutros centros co uso do seu material e a documentación elaborada polo alumnado. Calquera persoa interesada podería ampliar o proxecto con novos sensores, outros modelados e optimizar o sistema.

Save


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.