LENDAS RECOLLIDAS

 

LENDA DO CASTRO DE LAMIÑO

 

En Lamiño (Brion) hai un castro construído polos mouros e ten no seu interior un tunel que chega ata as torres de Altamira. Cóntase que, cun pouco de sorte, na noite de San Xoán , pódese atopar na fonte de Agradacasa unha moza cunha galiña de ouro.

 

Nome do informante: Serafina Rey Alfonsín

Enderezo: Tembra Boullón,

Idade: 50/60 anos

Recolle a información: David Bra Pedrosa

Enderezo: Tembra Boullón

LENDA DA CAPELA DE SAN CLEMENTE

No monte do Rubial nun lugar alto e bonito o pé dun regueiro existía unha capela onde había un santo, San Clemente. Moi próximo, a un lado, está o Coto dos Mozos ea outro o Coto Luceso.

Conta a lenda que cando chegaban os meses de seca e as xentes do campo cando necesitaban auga ían a capela e xiraban ao santo cara ao sur de forma que empezara a chover, cando ía moi mal tempo a xente xiraba ao santo cara ao norte para que o tempo cambiase para mellor.

Co pasa do tempo a capela desapareceu, arruinouse, pero o santo aguantou uns anos máis ata que o roubaron, a lenda di que foron os do Museo do Pobo Galego.

Nome e apelidos do informante: Rosa Romero Cobas.

Idade: 78 anos

Enderezo: Vilas, Bastavales, Brión

Nome e apelidos de quen recolle a información: Cristina Lamas Nieto

Enderezo: Vilas, Bastavales, Brión

LENDA DA LEIRA DE BEMIL

Conta a historia que un veciño de Bemil tiña moitos netos e din que cando morreu seguía movendo as lindes das leiras igual que facía de vivo. El dicía que tiña demasiados netos e non lle chegaban as terras para repartir. A súa pantasma seguiu facendo o mesmo.

Nome da informante: Josefa Juncal Romero.

Idade da informante: 70 anos.

Enderezo da informante: Bemil, Bastavales, Brión.

Nome do que recolle a lenda: Antón Freire Fontenla.

Idade do que recolle a lenda: 12 anos.

Enderezo do que recolle a lenda: Bemil, Bastavales, Brión.

LENDA DA RAIÑA LUPA

Conta a lenda na época medieval os discípulos no apóstolo Santiago trouxeron os seus restos dende Xerusalèn ata Galicia, cando cegaron aquí unha das primeiras paradas quefixeron foi no coñecido castelo da raiña Lupas situado en Francos.

A lenda di que a raiña Lupa lle prestou dous bois os discípulos do apóstolo para levar o seu corpo ata un lugar que co paso do tempo resultou sera cidade de Santiago.

Persoa que conta a lenda: Edelmira Mato Rey.

Liñares-Briòn

Anos: 70

Persoas que recolleron a lenda: Thalia Bustelo Castro e Celeste Tojo Mato.

Enderzo: A Gándara, Os Ánxeles, Brión; Monte Balado, ös Ánxeles, Brión

LENDA DE RAÑALONGA

Conta a lenda que nos montes de Rañalonga, na parte alta do concello de Brión, nun lugar onde hai un cruce de camiños, antigamente andaba unha galiña que tiña os pitos de ouro.

Nome do informante: Marina Rodríguez Nimo

Idade: 75 anos

Enderezo: Liñares Nº 11 Brión

Nome e apelidos da persoa que recolle a información: Carlos Iglesias Villaverde

Idade:. 12 anos

Enderezo: Liñares Nº 4 Brión

LENDA DE SANTA MINIA

Minia era unha nena normal que vivía cos seus pais en Roma. Aos 14 anos matárona por defender a súa relixión.

Como non tiña tumba familiar enterrárona na tumba de Santa Inés cunha lápida de mármore onde constaba que era virxe e mártir, e tamén o seu nome "Minia in Sonmo pacis" que significa: Minia no sono de paz.

Estos restos foron traídos o 17 de abril de 1873 polo bispo Bartolomé Menochio, logo este entregoullos a Francisco Arieta, este cedeullos a Tomás Anduja, quen ao morrer pasaron a Jose Finoquio que llos entregou a Luís Tobío o 27 de Outubro de 1847.

O 17 de novembro o arcebispo compostelán dispuxo que a colocaran na igrexia parroquial para a súa veneración pública onde votou 20 anos.

As reliquias da santa transladáronse da igrexia parroquial ata un novo templo construído no seu nome. Isto ocorreu o 26 de decembro de 1868.

A Santa cambiouse en 1905, porque se di que lle medraba o pelo e botaba sangue.

Todos os 27 de setembro se celebra a festa na súa honra desde setembro de 1868.

 

Nome e apelidos do informante: Ermitas Esparís Hombre.

Idade: 72 anos

Enderezo: Vilar- Viceso- Brión.

Nome e apelidos das persoas que recolle a información:

María Martínez Rey; enderezo: Vilar- Viceso-Brión

Ivana Neira Tronceda, enderezo: Coruxido-Bastavales-Brión

LENDA DO CASTRO DE BECA

O castro de Beca ten varios nomes, chámase tamén castro de Francos, por quedar cerca da aldea de Vilar de Francos na parroquia de Calo, castro do Farramello, por estar próximo á aldea dese nome na parroqui de Ribadesar e por último Castro de Lupario. A lenda xacobea di que neste lugar é onde estaba situada a residencia da Raíña Lupa cando os discípulos do apóstolo Santiago trouxeron, a enterrar os restos a Galicia e solicitaron a súa axuda para buscar un lugar onde enterralo.

Nome e apelidos do informante: Celsa Fernandez Vidal.

Idade (aproximada): 74 anos.

Enderezo: Salaño Pequeño-Ons-Brión .

Nome e apelidos da persoa que recolle a información: Ana Barbazan Cantelar.

Enderezo: Salaño-Pequeño-Ons-Brion.

LENDA DO CONDE DE ALTAMIRA

LENDA DO CONDE DE ALTAMIRA

Decíase que o conde de Altamira tiña os dominios das terras de Santiago e que tiña á xente sometida. Obrigáballes a traballar para el con carro e vacas sen lles pagar nada por dito traballo. Tamén tiñan que pagar impostos moi altos e cando alguén morría, a familia deste debían entregarlle ao conde o mellor que tiñan. Incluso dicíase que tiña dereito de pernada que consistía en que cada muller que se casaba estaba obrigada a durmir co conde as tres primeiras noites do seu casamento.

Dise tamén, que nunha das súas viaxes a Galicia, os reis Católicos recibiron moitas queixas dos veciños e por iso obrigárono a ir con eles a Castela ou senón sería castigado coa pena de morte.

Moitos anos despois, cando regresou, estaba moi reformado e xa non era tan malo.

Nome do informante: Filomena Fraga Rey

Idade: 81 anos

Enderezo: Calo de Agrón, Ames

Recolle a información: Mar Nieto Sánchez

Enderezo: Calo de Agrón, Ames

LENDA DO POZO DE BEMIL

Conta a lenda, que unha muller de Bemil desapareceu da casa durante varios días. Apareceu xunta un pozo no monte medio tola e morta de medo, cos dentes tan apertados que só lograron abrilos meténdolle unha culler.A familia esqueceu a misa que lle ofreceran á Virxe do Carme se aparecía. Aos poucos días a muller faleceu.Ao cabo dun tempo correu o rumor de que á xente que pasaba preto do pozo se lles aparecía a pantasma da señora. O sancristán e mailo cura foron falar coa pantasma. Preguntáronlle que tiñan que facer para que fose descansar en paz, e ela contestoulles que lle tiñan que facer a misa que esqueceran.A familia pagou a misa e disque a pantasma nunca máis volveu aparecer.

Nome da informante: Josefa Juncal Romero.

Idade da informante: 70 anos.

Enderezo da informante: Bemil, Bastavales, Brión.

Nome do que recolle a lenda: Antón Freire Fontenla.

Idade do que recolle a lenda: 12 anos.

Enderezo do que recolle a lenda: Bemil, Bastavales, Brión.

LENDA DO RUBIAL

Hai moitos as mozas que estaban enamoradas ían a unha capela que había nun coto no monte do Rubial, alí había unha santiña, que se chamaba Santa Cecía, ían rezar alí para pedirlle que os seus namorados non foran feridos na guerra e pudieran volver sans e salvos ás súas casas.

Desde aquela a ese coto lle chaman o Coto dos Mozos

Informante: Carmen Barco.

Idade: 85 anos.

Enderezo: Gándara, Os Ánxeles, Brión

Recolle a información: Javier Rey Bustelo

Enderezo: Gándara, Os Ánxeles, Brión

LENDA DO SANTO ARANDEL

Cerca do castro Lupario había unha imaxe moi antiga á que os veciños lle chamaron o Santo Arandel e que lle facían unha festa todos os anosl.

Conta a lenda que de alí o levaron para o peche dunha leira e que así estivo durante moito tempo ata que alguén se deu de conta de que era importante e moi antigo polo que o trasladaron para o Museo do Pobo Galego onde está exposto.

Datos do informante: Benito

Idade: 60-70 anos

Enderezo: Beca, Bastavales, Brión

Datos da persoa que recolle a información: Iago González Rodríguez

Idade: 11 anos

Enderezo: Xinzo, Bastavales, Brión

LENDAS DE CIDADES ASULAGADAS

A Atlantida:concello de Malpica, Coruña

Cidade de Caifar, concello de Nigrán, Pontevedra

A Lagoa de Xalfas, concello de Muros, A Coruña

Enderezo: www.galiciaencantada.com

Ana Barbazán Cantelar, 1º B

LENDAS PROTAGONIZADAS POR MULLERES

A señora do corpiño, monte de Carrío, concello As Cruce, Pontevedra

As muoras de treboal, no Treboal, Os Blancos, Ourense

A muller lobo, no Treboal, Os Blancos, Ourense

Fonte: http://www.blogoteca.com/lendas

Carlota Lameiro Vigo, 1º B

TRES LENDAS DE CASTROS CO TESOUROS

O castro de Ancos, está no monte de Ancos, parroquia de Santa María de Neda, concello de Neda, (A Coruña).

O castro de Vilachá, está no concello de Boborás (Ourense).

O castro Maunzo, está en Santo Andre de Xeve, concello de Pontevedra.

Fonte: www.galiciaencantada.com

Nerea Lago Baameiro, 1º B