A RAÍÑA BERENGUELA

A raíña Berenguela foi un personaxe histórico. Berenguela de Barcelona   naceu no ano 1106 f illa de Ramón Berenguer, conde de Barcelona, casou no ano 1128 co rei galego Afonso VII fillo á súa vez da raíña dona Urraca. Este rei, Afonso VII, sempre estivo enfrontado á súa nai porque, con axuda da nobreza local e o consentimento de Diego Xelmírez, arcebispo de Compostela,  lle quitou o reino de Galicia.

Nun recanto da Capela das Reliquias da Catedral de Santiago atópase un fermoso sartego de comezos do século XII que perpetúa en pedra a mítica beleza que segundo contan as crónicas da época posuíu Berenguela en vida.

Unha vella lenda compostelá conta que a raíña Berenguela esperta do seu sono pétreo todas as noites do 24 de xullo . Cando a praza do Obradoiro se enche de xente disposta a ver os fogos do apóstolo e toda a cidade arde en festa e bulicio, a belida raíña Berenguela sae da súa tumba e percorre feliz e libre a cidade que tanto amou en vida. Segue contando a lenda que nesa noite máxica, todas as mulleres que a atopen no seu camiño recibirán en don a mítica beleza pola cal Berenguela foi sempre loada.

O pobo de Santiago segue gardando memoria desta raíña, de aí que se estile dicir entre os composteláns cando ven unha moza guapa:“Vai feita unha Berenguela”.

A noite da raíña Berenguela, X A. Neira Cruz, Ed. Planeta Oxfor