blogue deLaura Fernández

APRENDENDO A COOPERAR, COOPERANDO PARA APRENDER

Enviado por Laura Fernández o Mar, 28/11/2017 - 22:09

   A cooperación é necesaria para vivir en sociedade. Unha sociedade diversa, heteroxénea, plural precisa de equipos que traballen de xeito coordinado. Sabémolo; pero ninguén nace aprendido: só porque nos sentemos a falar en grupos pequenos non significa que traballemos realmente en equipo, temos que aprender a organizarnos, negociar, chegar a acordos, asumir a responsabilidade colectiva necesaria para conseguir un bo resultado para todo o equipo. No IES de Brión estamos niso: por 3º ano consecutivo dende o grupo de traballo de Aprendizaxe cooperativa participamos no programa CA/AC (Cooperar para aprender/Aprender a cooperar).

   A aprendizaxe ten que ser inclusiva e integradora: tod@s podemos aprender de e con tod@s, a heteroxeneidade enriquece: esas son as ideas de base da Aprendizaxe cooperativa. Por iso, dende o grupo de traballo, asesorados por persoal do CAFI de Santiago de Compostela, do CFR de Vigo e da Universidade de Vic, intentamos cooperar entre nós e preparámonos para ensinarlle ao noso alumnado a traballar de xeito cooperativo. Vai aí unha mostra do alumnado de 1º ESO C traballando en equipo.

Ano a ano imos vendo pequenos avances, a seguinte fotografía resume as vantaxes que lle ve o alumnado de 4º ESO B ao traballo en equipo: sobran palabras, puxéronas eles e elas.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.