Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


Máis visto - 2. A visión do mundo na Idade Media
1026_Seteventos.JPG
26. Inferno21 vistasFresco de Santa María de Seteventos, na Ribeira Sacra.
Concello do Saviñao (Lugo).
1035_Bestiario_Medieval.jpg
35. Bestiario medieval21 vistas
1007_virxe_maria.jpg
07. Maiestas Mariae. A Virxe Nai de Deus19 vistas
1006_SANTA_MARÍA_DE_TAULL_-ÁBSIDE__ROMÁNICO.jpg
06. Maiestas Mariae. A Virxe Nai de Deus19 vistasÁbside románico de Santa María de Taüll (Lleida).
Atópase no Museo de Arte de Cataluña (Barcelona).

María supoñía a sublimación da muller medieval. Foi considerada a anti-Eva, é dicir, a antimuller que, coa súa virxindade, abríu o camiño da redención da humanidade.
1030_Book_of_Armagh_4evangelists.gif
30. Os catro evanxelistas19 vistasBook of Armagh, manuscrito irlandés do século IX.
É un dos máis antigos exemplos do gaélico escrito.
Consérvase na Trinity College Library (Dublín).
1036_bestiario.jpg
36. Bestiario19 vistas
1003_catedral_santiago.jpg
03. Planta da catedral de Santiago18 vistasO home é sobre todas as cousas o templo de Deus. De aí que, cando os homes do Románico tiveron que levantar os templos de Deus na terra, o fixeran a semellanza do corpo humano. O presbiterio, onde se encontra o altar, equivalería á cabeza, o cruceiro aos brazos e mans e o resto sería o que quedaba do corpo. E así se recollía na Guía do Peregrino de Santiago de Compostela, c. 1140. Polo tanto os templos son microcosmos, imaxes da orde universal, do macrocosmos.

Fonte: Sureda, Joan. Historia universal del arte (tomo IV), La Edad Media, Románico/Gótico, Barcelona: Editorial Planeta, 1990
1028_Book_of_Durrow_84v.jpg
28. Aguia18 vistasBook of Durrow, manuscrito iluminado do século VII.
Consérvase na Trinity College Library (Dublín).
1029_Book_of_Kells_4evangelists.jpg
29. Os catro evanxelistas17 vistasBook of Kells, manuscrito iluminado realizado por monxes celtas cara ao ano 800 en Kells (Irlanda).
Consérvase na Trinity College Library (Dublín).
1031_Bestiario_de_Anne_Walshe__Basilisco.jpg
31. Basilisco17 vistasBestiario de Anne Walshe (1400-25).
Consérvase na Real Biblioteca de Dinamarca, en Copenhagen.

Para os homes e mulleres medievais case tan real era o león ou o elefante como un grifo ou un centauro. A súa despreocupación pola natureza impedíalles desligar as imaxes reais das que coñecían a través dos bestiarios e dos escritos eclesiásticos.
1039_Platerías_serea.jpg
39. Serea con corpo de peixe17 vistasFachada das Platerías da Catedral de Santiago de Compostela.

No século XII-XIII comezan a aparecer as sereas con corpo de peixe e reciben o nome de Nereidas.
Outro dos símbolos que ás veces acompañan a serea-peixe, para reforzar o carácter de luxuria deste ser mitolóxico, é un peixe que a serea leva na man, símbolo fálico na imaxinería medieval.
1033_Bestiario_de_Rochester__Monoceros.jpg
33. Unicornio16 vistasBestiario de Rochester. Século XII.
58 ficheiros en 5 páxina(s) 3