Galería do IES Breamo

Galería de imaxes


04_Julia.jpg
04. A SÚA IRMÁ JULIA793 vistasPondal foi o derradeiro de sete irmáns (Cesáreo, Emilia, Josefa, Eduarda, Julia, Eulogia e Eduardo), dunha familia de ascendencia fidalga.
03_casa_de_pondal.jpg
03. CASA DE EDUARDO PONDAL834 vistasEu nacín en agreste soedade,
eu nacín cabo dun agreste outeiro,
p'ronde o Anllóns, con nobre maxestade,
camiña ó seu destino derradeiro.
Eu non nacín en vila nin cidade,
mas lonxe do seu ruído lisonxeiro:
eu nacín cabo de pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponte-Ceso.
Uns naceno na máxica Granada,
outros naceno en Málaga famosa,
os outros en Sevilla nomeada,
os outros en Valencia deleitosa;
uns na garrida Cádiz, ben soada,
en Barcelona os outros, populosa:
eu nacín cabo de pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponte-Ceso.
Amabre Ponte-Ceso, anque pequena,
agreste certamente, mas garrida,
cando deixar a mundanal faena
teu bardo e for pasado desta vida,
non t'esquezas de quen, con faz serena,
dixo a toda ciudade fementida:
"Eu nacín cabo de pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponte-Ceso".
02_casa_no_anllons.jpg
02. CASA DE EDUARDO PONDAL832 vistasNace Pondal o día 6 de Febreiro de 1835 na "pequena" Ponteceso, nunha casa que levantara seu pai á beira do Anllóns e da ponte que o atravesa.
01_ponteceso.jpg
01. PONTECESO814 vistasPondal nace en Ponteceso en 1835, que nesa altura era só un dos lugares de San Tirso de Cospindo pertencentes ao concello da Bugalleira.
00_pondal_orla.jpg
00. EDUARDO PONDAL760 vistas
09_borneiro.jpg
09. CASTRO DE BORNEIRO763 vistasCamiño da reitoral de Nemiña, Pondal pasaba á beira do castro de Borneiro e do dolmen de Dombate.
08_reitoral_de_neminha.jpg
08. REITORAL DE NEMIÑA809 vistasAínda que no concello da Bugalleira (ao que pertencía Ponteceso) había dúas escolas, o futuro poeta vai estudar a unha reitoral como era costume faceren os rapaces que no futuro querían seguir estudos eclesiásticos ou universitarios. Pondal, pois, vai formarse en Vilela de Nemiña, baixo a dirección do cura párroco de Touriñán, Cristóbal de Lago, até o ano 1848, que se trasladará a Santiago a facer o bacharelato.

Esta época da súa vida debeu ser importante na súa traxectoria vital, humana e académica, posto que a ela vai aludir repetidamente na súa obra, lembrando os seus antigos compañeiros e citando insistentemente o criado que o acompañaba no percorrido á reitoral de Nemiña:

Meu criado e compañeiro,
da Bouza, Farruco amigo,
paremos un pouco aquí:
práceme o fungar dos pinos,
que cando os sinto de preto
na alma non sei que sinto,
se é pracer ou son suidades
dun pasado tempo antigo.
07_cesareo.jpg
07. O SEU IRMÁN CESÁREO811 vistasO seu irmán Cesáreo, que tamén pasa un tempo en América, proseguirá coas actividades do pai e chegará a ser alcalde, conseguindo centrar na Ponteceso toda a actividade económica e administrativa do concello: feira, notaría, aduana, casa do Concello, etc.
06_peirao.jpg
06. PEIRAO832 vistasAínda que a familia era de posición social elevada, grande parte da fortuna paterna foi gañada en América e investida na Ponteceso. Aquí estableceuse a carón do río Anllóns, onde construíu un peirao para atracaren os barcos que utilizaba nas relacións comerciais con América. Ademais conseguiu dos Abente de Laxe unha parte do negocio do sal, fundou un banco e chegou a ser deputado provincial e encarregado das estradas.
05_Eulogia.jpg
05. A SÚA IRMÁ EULOGIA804 vistasCando tiña 16 meses morreu a nai e este feito, unido a que pouco despois en 1838 seu irmán Cesáreo marchou para América, fixo que se convertese no home-neno a protexer pola familia.
14_murguia_novo.jpg
14. MANUEL MURGUÍA771 vistasAs amizades que establece durante este período van ser permanentes, tal e como se manifesta na relación epistolar intensa.

No Banquete de Conxo faise moi amigo de Murguía. Os dous desenvolverán o celtismo, un na poesía e outro na historia. Fixo testamento aos 35 anos e deixáballe os libros e manuscritos a Murguía. (Tal era a súa obsesión pola morte que fixo como mínimo tres testamentos).
13_aurelio_aguirre.jpg
13. AURELIO AGUIRRE800 vistasEduardo Pondal trasládase a Santiago para iniciar os estudos de Bacharelato e rematado o ensino secundario, matricúlase na Facultade de Medicina en 1854.

Nos anos nos que chegou a Compostela estaba comezando o rexurdir político-cultural galego (primeiras publicacións periódicas defendendo os intereses de Galiza, as primeiras agrupacións e mais os primeiros movementos reivindicativos que finalizaron co levantamento frustrado de 1846). É a época en que comenzan a escribir en galego Añón, os Camino, Turnes, Valladares, etc. e destacan entre a xuventude universitaria ou cultural Faraldo, Neira de Mosquera, Romero Ortiz, os Rúa Figueroa, Murguía, Rosalía, Aguirre...

O xoven Pondal participará en moitas destas actividades dos provincialistas, alén de compartir protagonismo no Banquete de Conxo coa principal figura do ambiente universitario do momento, Aurelio Aguirre, o que supuxo para Pondal a entrada na vida pública galega, aos 21 anos de idade.
42 ficheiros en 4 páxina(s) 1