Ciclos formativos

ROBÓTICA EDUCATIVA

 

Hoxe, 7 de febreiro, recibimos nos noso centro a visita de alumnos de 5º de primaria do centro adscrito CEIP Piñeiriño. Estes alumnos, que participan no seu centro nun programa de Robótica Educativa, coñeceron da man dos noso alumnos 2º Ciclo Superior Automatización e Robótica Industrial o funcionamento e aplicacións dos robots industriais.

Primeiro recibiron unha pequena introducción teórica sobre a historia de Robótica e viron vídeos das súas aplicacións. Posteriormente pasaron a comprobar o funcionamento dos dous robots industriais ABB de que dispón o noso centro, que foron programados para elaborar distintos deseños gráficos de Apple, Hello Kitty, R2D2, etc. ademais da resolución polo brazo robótico das coñecidas Torres de Hanoi. 

 

Se queres ver unha pequena mostra, preme nos enlaces aos vídeos:

17° FEIRA INTERNACIONAL DE MÁQUINAS, EQUIPAMENTOS E SERVIÇOS PARA A INDÚSTRIA.

O alumnado do Ciclo de Mantemento Industrial visitaron unha das feiras máis importante do sector. Na exposición poderon ver diferentes stands sobre máquinas-ferramentas; mantemento industrial; fundición e sinterización; limpeza industrial; loxística e transporte; química e laboratorios; moldes; plásticos e caucho; instrumentación, automatización e control; robótica e informática aplicada á industria; metalurxia e produtos metálicos; produtos de seguridade, servizos e equipamentos; subcontratación; entre outros.

 

 

 

Saida ó III Congreso Galego de Baloncesto o vindeiro luns 28 de Marzo

O departamento de Baloncesto e EF organizan unha viaxe a Santiago de Compostela en bus para acudir as charlas de poñentes tan destacados como Aito García Reneses e Sergio Scariolo. A saida do bus será as 8.45 dende a entrada do instituto.

A Federación Galega de Baloncesto está en disposición de anunciar que o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, incorpórase á destacada relación de ponentes que participarán, o vindeiro 28 de marzo, en Santiago de Compostela, no "III Congreso Galego de Baloncesto".

O Secretario Xeral, que lembremos que se dedicou ao baloncesto de xeito profesional durante máis dunha década e media militando, entre outros, no C.B. Breogán e no Obradoiro C.A. B., será o encargado de abrir este III Congreso e, á súa vez, dar paso á primeira das intervencións da xornada, a do Seleccionador Español Masculino Absoluto, Sergio Scariolo.

A charla do adestrador italiano, que leva por título "A formación do xogador. Que se precisa para ser xogador profesional", dará a súa vez a testemuña ás charlas de Carlos Colinas e Aíto García Reneses, que irán completando un PROGRAMA que se pechará pola tarde cunha mesa redonda, foro para o debate da man dos propios Aíto, Colinas, Susana Senra e Yago Casal, entre outros.

INSCRICIÓN ABERTA
A Federación Galega de Baloncesto lembra que o prazo para tramitar a inscrición neste "III Congreso Galego de Baloncesto", proceso que actualmente rexistra un bo ritmo de solicitudes, permanece aberto ata o vindeiro 25 de marzo.
Ata esa citada data todos os interesados en tomar parte deberán achegar o formulario preciso e o xustificante de ingreso da cota estipulada. Todo xunto remitirase á FGB a través do correo electrónico (eventos@fegaba.com) ou vía FAX (981566066).

A participación terá un custo de 15 € para todos os que desexen asistir só á súa parte teórica, ou de 25 €  para aquelas persoas (ata un límite de 50 prazas) que desexen formar parte, a maiores, dun xantar que poderán compartir cos relatores.

Charla sobre "Regras de Xogo" a cargo de Alberto Castro

O staff técnico arbitral da Delegación en Arousa, en
colaboración coa dirección do IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de
Arousa, impartirá o vindeiro martes, 16 de novembro, unha charla
coloquio sobre as Regras de Xogo.

A actividade en cuestión levarase a cabo no citado
centro educativo, a partir das 17.30 h, e a mesma está dirixida, de
xeito primordial, aos alumnos do Ciclo de Baloncesto de Grado Medio e
Grado Superior, formación que se imparte no propio IES e que está
promovida pola dirección do Instituto.

Precisamente esta mesma
convida tamén a participar desta cita a todos aqueles clubs,
adestradores, xogadores ou afeccionados en xeral que desexen aproveitar o
coloquio para afondar nos cambios no Regulamento.

Colaboración en prol do Baloncesto
Esta
iniciativa que terá lugar o martes 16 ratifica, de novo, a estreita
colaboración que dende o inicio desta temporada se está levando a cabo
entre o IES Fermín Bouza Brey e a Delegación en Arousa da FGB.

Aspectos
arbitrais, como o que protagonizará a charla do mércores, así como
outras áreas de traballo e promoción ligadas ao baloncesto centran a
fluída relación establecida entre ambas entidades, a cal redunda de
xeito positivo no Baloncesto da nosa Comunidade.

Distribuir contido