Coñece a túa biblioteca

Normas da Biblioteca

NORMAS DA BIBLIOTECA

 

1.- A Biblioteca é un lugar de acceso libre para todos os membros da comunidade escolar, pero só se pode acceder a ela na presencia dalgún membro do equipo da biblioteca ou dun profesor ou profesora.

2.- Existe un horario de apertura do espacio e de préstamo de libros, que coincide co tempo de lecer. Excepcionalmente farase préstamo fóra deste tempo coa presencia dalgún membro do equipo.

3.- SILENCIO! A Biblioteca é un lugar libre de ruídos. Se alborotas, podes impedir que alguén que está estudando ou traballando poida facelo.

4.-Os ordenadores son material de consulta e traballo. Son para o uso de todas e todos, pero non para xogar nin conectarse ás redes sociais.

5.- O préstamo faise no recreo. Queda terminantemente prohibido sacar calquera tipo de fondo da Biblioteca sen ter tramitado previamente o préstamo. Cando sona o timbre todos temos outras cousas que facer, e ti debes ir a clase.

6.- Se comes ou bebes na biblio os libros acaban pagando as consecuencias e o espacio vaise deteriorando. Polo que non se pode comer nin beber na biblio.

7.- A biblioteca é un espacio de lectura, traballo, investigación e estudio, pero non un local social para reunións. Utiliza outros espacios adecuados a esta finalidade.

8.- Non se poderá permanecer na biblioteca sen material de traballo ou lectura.

9.- Antes de marchar da biblioteca o teu espacio debe quedar limpo e recollido. Coloca as mesas e os libros no lugar adecuado. Asimesmo se utilizas os ordenadores, estes deben quedar apagados.

10.- O incumprimento destas normas básicas pode ter como consecuencia a perda de dereito de uso das instalacións.

CDU adaptada a nosa Biblioteca

Se queres coñecer a organización dos materiais na Biblioteca do IES fermín Bouza Brey, empregando a CDU adaptada a nosa biblioteca preme a continuación:

CDU

 

Plano da Biblioteca

Formación de usuarios

Preme no recadro "A Biblioteca escolar" para máis información
Distribuir contido