Normalización lingüística

Profesorado do Departamento

Patricia Arias Chachero (Xefa de Departamento)

Presentación Revista Enormic

Os Equipos de Normalización Lingüística do Salnés veñen de publicar a revista Enórmic Banda deste curso 17-18. A artista Anémona de Río, autora do primeiro manga galego, é a responsable da portada e a contraportada. Para o limiar o convidado foi o profesor da universidade de Tokio Takekazu Asaka, moi coñecido polas súas traducións de autores e autoras galegas ao xaponés e moi querido na nosa comarca, que visita cada verán.

Os traballos publicados este ano corresponden a máis de 20 autores e autoras de 12 institutos diferentes. No acto de presentación estiveron presentes case que todos os autores e autoras das historias deste Enórmic Banda. Algúns deles tomaron a palabra para explicar a súa relación co mundo da banda deseñada e, en concreto, a súa participación en Enórmic, entre eles, o alumno do noso instituto Juan Elías Fernández Quintana, de 4ºESO-A.

Héloïse Gallego e Virginia Serantes premiadas no XXIII concurso de Adhesivos pola Normalización do Salnés

O martes 31 de xaneiro falláronse os premios do XXIII Concurso de Adhesivos pola Normalización Lingüística que organizan os institutos do Salnés. Nesta edición o tema proposto foi "SERES MÍTICOS CON PODERES SUPERLINGÜÍSTICOS. Heroínas, heroes, os seres mitolóxicos e o imaxinario popular".

Dos seis premios que se outorgaban en total, dous viñeron a parar ao noso centro, que foi seleccionado como sede da cerimonia de entrega dos mesmos.

Os traballos presentados polos 16 institutos participantes tiñan nesta edición unha alta calidade, especialmente nas categorías en que resultaron premiadas Héloïse e Virginia.

Hai que sinalar que os traballos realizados polo alumnado do noso instituto foron moi bos e variados. Houbo trasnos, xacias ou xanas, cocas ou dragóns, gatipedros, urcos, mouros, santa compaña,... Na galería de imaxes poderfedes comprobalo.

 

 

 

 

Enquisa Plan de Normalización Lingüística

Para a elaboración do Plan de Normalización Língüística é necesario que o alumnado deste centro realice a seguinte enquisa, premendo a continuación no seguinte hipervínculo:

ENQUISA

Ao finalizar a enquisa premer en enviar.

Uxía Piñeiro Moldes premiada no Concurso de Adhesivos pola Normalización Lingüística

O día 26  de marzo entregaronse os XXI Premios do Concurso de Adhesivos pola Normalización Lingüística que este ano tivo como lema " Así falamos nós. As nosas variantes dialectais", Uxia Piñeiro Moldes de 1º ESO A foi unha das galardonadas. Recolleu o seu premio nun acto celebrado no IES de Vilalonga, centro no que estudan as dúas alumnas premiadas na categoría de bacharelato. Todas as premiadas e os asistentes o acto puideron gozar dunha magníficca actuación de Paula Carballeira. Parabéns a Uxía.

Díaz Castro no Bouza Brey

Podedes visionar os traballos audiovisuais elaborados no Bouza con motivo das Letras Galegas 2014

 

AS LETRAS GALEGAS NO BOUZA BREY

Neste ano 2014 a Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas a Xosé María Díaz Castro. Como Díaz Castro foi profesor dun colexio privado en Vilagarcía de Arousa entre 1940 e 1946 acordamos comezar a investigar sobre o tema. Foi así como descubrimos que aquí publicara os seus primeiros versos en galego. Unha cartolina con tres poemas cos que gañara un premio nos Xogos Florais que se celebraran en Betanzos en 1946. O texto publicouno a Libraría Celta que estaba na rúa Ramón y Cajal aquí en Vilagarcía.

Como imos atopando moita información decidimos crear un blogue (literatosbrey) para ir compartindo con todos vós o que descubrimos. Podedes opinar. A ver que vos parece!.

Cartas de desamor

Un mes despois do enamoramento chegou a hora dos  desencontros. Podedes ver estas cartas de desamor na cafetería.

Distribuir contido