Galego

Presentación

PROFESORADO CURSO 2018/19

Arias Chachero, Patricia
González Avión, María Isabel
Roca Santos, Milagros (Xefa departamento)

 

Uxía Piñeiro Moldes premiada no Concurso de Adhesivos pola Normalización Lingüística

O día 26  de marzo entregaronse os XXI Premios do Concurso de Adhesivos pola Normalización Lingüística que este ano tivo como lema " Así falamos nós. As nosas variantes dialectais", Uxia Piñeiro Moldes de 1º ESO A foi unha das galardonadas. Recolleu o seu premio nun acto celebrado no IES de Vilalonga, centro no que estudan as dúas alumnas premiadas na categoría de bacharelato. Todas as premiadas e os asistentes o acto puideron gozar dunha magníficca actuación de Paula Carballeira. Parabéns a Uxía.

Narf en concerto no día de Rosalía

O día 24 de febreiro foi o 178 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. No IES Bouza Brey celebramos esta data cun recital de poesía e un concerto a cargo do músico Narf. O alumnado de 3ºESO preparou, coa súa profesora Mila Roca, o recitado de poemas de Cantares Gallegos e Follas Novas. Narf, músico e compositor, ten percorrido máis de medio mundo cosa súas cancións (Mozambique, Brasil, Arxentina, India, Nepal, Polonia, Gran Bretaña, Portugal, España,...). No libro-disco Nas tardes escuras , pon música a poemas rosaliáns, especialmente de Follas Novas, textos moi relevantes, nunca antes musicados por outros artistas. No concerto cautivounos coa versatilidade da súa voz, das súas melñodías e de seus ritmos.

I Xornadas Fermín Bouza Brey das Letras Galegas

Os días 2 e 3 de Outubro de 2014 celebrarase no instituto as I Xornadas Fermín Bouza Brey das Letras Galegas que versarán sobre Xosé María Díaz Castro: Poeta chairego no Salnés.

Xosé María Díaz Castro, o poeta homenaxeado nas Letras Galegas de 2014, impartiu aulas en Vilagarcía de Arousa entre os anos 1940 e 1947.

Tras renunciar definitivamente a carreira eclesiástica que comezara no seminario de Mondoñedo, o poeta instalouse na vila do Salnés aproveitando o ofrecemento do seu amigo Aquilino Iglesia Alavariño, director e propietario dun colexio privado, o León XIII.

En 1946, Díaz Castro imprentou nas máquinas da Libraría Celta, na rúa Ramón y Cajal, "Nascida d'un sono, tríptico â groria da betanceira", que reúne os versos cos que acadara o premio nos Xogos Florais de Betanzos dese ano.

 

Manuel Lourenzo no Bouza Brey

O escritor Manuel Lourenzo comparteu co alumnado do Bouza Brey o seu libro  "Flor de Area", a historia dunha moza iraquí nunha sociedeade conservadora e baixo a opresión da dominación estranxeira. O alumnado tivo a oportunidade de intercambiar impresións co autor sobre a súa literatura.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Marica Campo na nosa Biblioteca

O día 29 de abril recibimos á escritora Marica Campo na nosa Biblioteca. A escritora mantivo unha animada charla co alumnado de 1ºESO sobre os seus gustos literarios, o oficio de escritora, a novela E Xoel aprendeu a voar etc. O alumnado de 2º de Bacharelato recibiu unha conferencia onde a autora reflexionou sobre a súa obra Memoria para Xoana e sobre a construción do discurso literario das mulleres e sobre a relación entre lingua e identidade.

Presentación de Matriarcas

PRESENTACIÓN DO LIBRO MATRIARCAS DA XORNALISTA VILAGARCIÁ MONTSE FAJARDO

Para rematar un intenso trimestre de actividades e de estudo, o día 22 de marzo recibimos no IES Fermín Bouza Brey a xornalista vilagarciá Montse Fajardo, acompañada por unha das protagonistas do seu libro MATRIARCAS, Waldina Pereira, que contou as súas vivencias da posguerra e da emigración. 

O libro MATRIARCAS está composto por 10 historias de vida e de memoria, que nos dá a oportunidade de achegarnos ás xeracións que nos precederon. O tema central dos relatos que nos ofreceron foi a guerra civil e as desoladoras consecuencias que esta tivo na vida de tantas persoas que sufriron de moi nenas as máis descarnadas inxustizas.

O ALUNMADO DE 1º ESO PARTICIPA NOS ACTOS DE CELEBRACIÓN DO 125 ANIVERSARIO DE OTERO PEDRAYO

O pasado día 5 de marzo celebráronse en Trasalba os actos de celebración do 125 aniversario do Patriarca das Letras Galegas. O alumnado de 1º ESO do noso centro participou levando un agasallo consistente nunha presentación electrónica sobre un fragmento de Arredor de si, unha novela central na obra de Otero Pedrayo.

Despois da presentación dos regalos, os rapaces e rapazas participantes sopraron as velar da torta do 125 aniversario. A seguir realizaron unha actividade lúdico-formativa consistente nun xogo de probas cunha busca do tesouro, unha visita á casa museo, etc.

As termas de Outariz, en Ourense, foi o escenario do lecer para rematar esta intensa xornada de actividades e aprendixe.

O ALUMNADO DE 1º ESO CELEBRA EN TRASALBA O 125 ANIVERSARIO DE OTERO PEDRAYO

O pasado día 5 de marzo foron convocados en Trasalba 125 escolares para celebrar o mesmo número de anos que tal día cumpriría Ramón Otero Pedrayo. Entre os escolares convocados estaba o alumnado de 1º da ESO do IES Fermín Bouza. Os asistentes levaron agasallos para o Patriarca das Letras Galegas. O noso instituto preparou como galano unha presentación electrónica sobre un fragmento de "Arredor de sí", novela fundamental dentro da inxente obra do polígrafo ourensán. O protagonista da novela é Adrián Solovio é un trasunto literario do propio autor.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE BACHARELATO PARA O CURSO 12-13

Aquí podes consultar a Programación Didáctica de Lingua Galega e Literatura de 1º e 2º de Bacharelato para o curso 12-13

Distribuir contido