Francés

Presentación

PROFESORADO CURSO 2018/19

Cristina Pena Souto (Xefa de Departamento)

Carmen Fariña Otero

 

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2018/19
Para descargar a programación preme aquí.
 

 

Novas do intercambio

Xa fai 2 días que chegamos a Bretaña, e todo vai moi ben. Bueno... todo menos o fenómeno climatolóxico adverso que nos afectará dende esta noite e que fixo que para mañán se suspendera o transporte escolar en Ille et Vilaine. Nós tamén decidimos cancelar a actividade prevista para mañán: visita a Saint Malo, donde parece que os problemas comezaron xa esta tarde.

Máis novas do intercambio: http://intercambiovilagarcia.blogspot.fr/

No concello durante a benvida.

Intercambio con Francia

         Rematamos a primeira parte de intercambio que xunto co IES Armando Cotarelo Valledor e o IES Miguel Ángel González Estévez levamos once anos realizando co collège Victor Ségalen de Châteaugiron (Bretaña-Francia). O grupo bretón chegou a Vilagarcía o día 11 de novembro e estaba formado por 36 alumnos acompañados de catro profesores.

       A estadía prolongouse ata o 22 de novembro, once días nos que se levou a cabo un programa de actividades que tiveron como fío conductor o tema desta edición do intercambio: “Aller ailleurs, venir d'ailleurs” ou “Ir a uotro lugar, vir doutro lugar”. Pretendiamos concienciar ao noso alumnado e ao alumnado bretón dos problemas e das características da emigración e da inmigración en Galicia e en Bretaña, as situacións cambiantes sobre todo ao longo do último século. Unha das visitas máis interesantes foi a que se fixo ao porto de Vigo onde fomos recibidos pola arquiveira que nos ofreceu explicacións sobre os movementos de pasaxeiros en ruta para América, barcos emblemáticos , destinos principais , prezos da pasaxe, condicións e duración media das viaxes, cifras... e nos preparou unha presentación con documentos gráficos da época

.

Nestes momentos estamos organizando a nosa ida a Bretaña, que terá lugar no mes de marzo.

Poden atopar información sobre edicións pasadas do intercambio en: http://intercambiovilagarcia.blogspot.com e en http://letourdecarril.wordpress.com/echange

Foto do monumento mais visitado de Francia

Preparando o intercambio

Benvidos;

Aquí tedes enlaces coa páxina web do colexio bretón co que facemos o intercambio e os blogs onde publicamos información sobre todo o refernete á organización das actividades

Colexio Victor Segalen:

Blog do IES Fermín Bouza Brey

Blog do IES Miguel Angel González Estévez

Grupo de teatro da illa da Réunion

 A semana do luns 9 ao venres 13 de maio catro familias de alumnos do noso centro de 2º e 4º de ESO participaron na acollida a un grupo de teatro escolar procedente da Illa da Reunión (departamento de ultramar francés). O grupo do Lycée Pierre Poivre, de Saint-Joseph (cidade ao sur da illa) estaba formado por 21 rapaces (16 mozas e 5 mozos) de entre 16 e 22 anos, acompañados por catro profesores. Os 25 integrantes da compañía foron acollidos por familias de alumnos e profesores dos catro institutos de Vilagarcía e a súa Escola Oficial de Idiomas. O departamento de Francés do IES Miguel Ángel González Estévez foi o coordinador da acollida e da organización das actividades.


Estes alumnos, durante o curso escolar, preparan no seu tempo libre unha comedia musical, que logo representan en diferentes lugares da illa e culminan cunha saída ao estranxeiro. Noutros anos visitaron Australia, Canadá, Alemania, Italia, Austria, e esta vez España (Bilbao, Vilagarcía, Santiago de Compostela) O mércores 11 ofreceron o seu espectáculo no auditorio de Vilagarcía que levaba por título: “Ti baba”. A comedia musical, trataba sobre os problemas dos adolescentes, incidindo especialmente en dúas temáticas de actualidade: os encontros a través de internet e o embarazo adolescente. O xoves día 12 ofreceron ademáis outra representación no salón de actos do noso centro dedicada especialmente ás familias que os acollían e aos alumnos dos institutos que non puideron ir velos o mércores ao auditorio.


 Por outra banda, o xoves pola mañán acudiron en pequenos grupos aos catro institutos de Vilagarcía para realizar encontros cos alumnos, falar da illa da Reunión e amosar exemplos do seu folklore. No noso IES acudiron a estes encontros alumnos de 1º, 2º e 3º de ESO. Foi unha experiencia que permiteu a todos, reunioneses e galegos, enriquecerse co coñecemento de outra cultura.




Novas do intercambio

O programa do intercambio estase a desenvolver como estaba previsto, Estamos a mércores e hoxe visitamos, acompañados do concelleiro de urbanismo de Châteaugiron a ZAC la Perdriotais onde se están a construir 700 casas e os seus servicios: escola, pistas de atletismo, piscina, parques, carrís bici e sendeiros peonís. A visita foi do máis interesante dentro do tema " O urbanismo a través dos tempos"


Para seguir as novas sobre a nosa estadía, miren os blogues:


Intercambio con Châteaugiron (Francia)

Chegou o día da saída cara a Châteaugiron. Este ano hai 14 alumnos do noso instituto e outros tantos do IES Miguel Ángel González Estévez que xa recibiron aos seus correspondentes bretóns no mes de novembro, e que agora van facer o desprazamento a Bretaña.


Pasaremos 14 días dende hoxe, 1º de abril, ata o día 14. Como cada ano, temos un tema ao redor do que se constitúe un programa de actividades e visitas. Esta vez estudamos: “O urbanismo a través dos tempos” :



  •  Visita da vila de Châteaugiron acompañados dun cargo electo

  • Centro histórico e novos barrios de Rennes

  • Vila amurallada de Saint Malo, reconstruída despois dos bombardeos da 2ª guerra mundial. Importancia para a historia e para o turismo da conservación das súas características urbanísticas.

  • Construccións típicas de certos períodos: “Blokhaus. Mémorial de la guerre de 39-45”

  • Vestixios galo-romanos en Alet

  • Construcción de novas urbanizacións nas cidades pequenas, implicacións do urbanismo na vida desas cidades: comercio, medios de transporte, espazos públicos....

  • Paris: urbanismo no centro e nas aforas. O Paris de Haussmann. O barrio negocios de La Défense.

Tamén se visitarán lugares de interés histórico e cultural: Abadía do Mont Saint Michel, castelos de Châteaugiron e de Vitré, monumentos emblemáticos da cidade de París...


Xa é o noso noveno intercambio co mesmo colexio, para os/as interesados/as no seguinte (curso 2011-2012) diremos que xa temos escollido o tema “As mulleres en Galicia e Bretaña”, así que vos animamos a que ao noso regreso comencedes a inscribirvos.

Intercambio con Francia no curso 2009-2010

O grupo de alumnos e alumnas de 2º e 3º ESO do noso instituto e do IES Miguel Ángel González Estévez que participaron no intercambio escolar co collège Victor Ségalen de Châteaugiron (Bretaña-Francia) regresaron a Vilagracía o 25 de marzo. Durante a estadía en Francia (do 12 ao 25 de marzo) conviviron nas casas dos alumnos/as franceses que xa visitaran Vilagarcía no mes de novembro, asistiron a clases no colexio e realizaron visitas sobre o tema que traballaron este curso: "Os recursos da terra e o mar".
Agora xa empexamos a planificar o intercambio do curso 2010-2011 que terá como tema de traballo: "L'urbanisme à travers les âges".
Se queres ter máis información sobre esta actividadde, podes consultar os seguintes blogues:
Foto tomada diante do castelo de Châteaugiron:

INTERCAMBIO CON CHÂTEAUGIRON

O grupo de alumnos que participa no intercambio con Châteaugirón parte este venres, día 12 de marzo. Trátase dun grupo de 13 alumnos de 2º e 3º de ESO . Con nós participa tamén o IES Miguel Ángel González Estévez de Carril,  cun grupo de 17 alumnos dos mesmos cursos. Tres profesoras dos dous institutos organizaron a actividade e acompañan aos alumnos durante os 14 días que durará a estadía en Bretaña e París.

O programa de actividades a desenvolver en Francia xira en torno ao tema "Os recursos da terra e do mar" e comprende os procesos de producción, fabricación e comercialización dos productos máis salientables desta rexión: cultivo de ostras en Cancale, unha fábrica de fileteado de salmón, salinas de Guérande, elaboración de productos a base de cereais (Cereco), fabricación de pan biolóxico (Fagots et froments), granxa-ecomuseo la Bintinais, mercado des Lices de Rennes...

Ademáis, e coa finalidade de coñecer a historia e riqueza cultural desta rexión, realizaremos visitas a lugares de interés: o Mont Saint-MIchel, la Roche aux Fées, a cidade de Rennes, o castelo de Châteaugiron.

A estadía rematará cunha visita de día e medio a Paris.

Publicaremos información nos blogues: http://intercambiovilagarcia.blogspot.com/ (IES Bouza Brey) http://letourdecarril.wordpress.com/echange (IES M. Ángél González Estévez)

Distribuir contido