Electricidade-electrónica

Presentación

PROFESORADO CURSO 2018/19

Araújo Iglesias, José Ángel

Carballal Freire, Laura

Carballal Moroño, Eugenia Victoria

Casal Rei, Uxía María (Xefa de Departamento)

Dubra Liste, Jesús Manuel

Goldar Quintans, José M.

González Menor, José Antonio

Guerra Silva, Francisco Javier

Meijueiro Rodríguez, María del Rocío

Tobar Cereijo, Juan Carlos

Vázquez Miño, Maria Monica

 

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2018/19
Para descargar a programación dun MÓDULO, preme en "leer máis" para abrir a páxina completa e selecciona un dos arquivos listados.

Códigos:
CS_ELE_**: Ciclo Superior de Automatización e Robótica Industrial, ** iniciais do módulo.
CM_ELE_**: Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas, ** iniciais do módulo.
CB_ELE_**: Ciclo Básico (FP básica) de Electricidade e Electrónica, ** iniciais do módulo.

ROBÓTICA EDUCATIVA

 

Hoxe, 7 de febreiro, recibimos nos noso centro a visita de alumnos de 5º de primaria do centro adscrito CEIP Piñeiriño. Estes alumnos, que participan no seu centro nun programa de Robótica Educativa, coñeceron da man dos noso alumnos 2º Ciclo Superior Automatización e Robótica Industrial o funcionamento e aplicacións dos robots industriais.

Primeiro recibiron unha pequena introducción teórica sobre a historia de Robótica e viron vídeos das súas aplicacións. Posteriormente pasaron a comprobar o funcionamento dos dous robots industriais ABB de que dispón o noso centro, que foron programados para elaborar distintos deseños gráficos de Apple, Hello Kitty, R2D2, etc. ademais da resolución polo brazo robótico das coñecidas Torres de Hanoi. 


Agradecer ao centro Piñeiriño esta visita e ao alumnado do CS Automatización e a sua profesora de Robótica Industrial Rocío Meijueiro a preparación desta clase práctica, que esperemos se repita nos próximos cursos.

 

 

Presentación de aplicación MQTDINO, resultado do Premio de Innovación na FP concedido en 2017.

Presentación de MQTDINO

Onte os alumnos de CS Automatización e Robótica Industrial presentaron a aplicación MQTDINO (Maquetas Virtuais Industriais para Arduino)
Trátase do resultado do Premio de Innovación na FP que foi concedido en maio de 2017.

Moitas grazas aos alumnos Diego Villaverde, Roberto Conde , Andrés Lede, Alex Varela, Javier González, Diego Súárez, Marcos de Tena, Darío Luna e Victor Mondragón. Bo traballo!


PREMIO DE INNOVACIÓN NA FP

O noso departamento de Electricidade vén de gañar un dos Premios de Innovación na FP !

O premio consiste nunha dotación económica de 5332 euros para desenvolver neste ano 2017 unha aplicación informática didáctica elaborada co software Labview e formada por nunha serie de maquetas virtuais que simulan diferentes procesos industriais (cinta transportadora, sistema de bombeo, de pesaxe, de mesturado de líquidos, etc.) que poderán ser controlados desde unha placa Arduino Uno.

Máis información nos perfís sociais do departamento:

 Enlace á nova no google+

 

Actividades de recuperación de módulos de 1º curso

Adxúntase información sobre as actividades de recuperación que debe realizar o alumnado de 2º curso que teña módulos pendentes de 1º curso.

Equipo de profesores/as do Departamento de Electricidade e Electrónica curso 2016/17

Adxúntase información sobre os profesores/as do Departamento de Electricidade e Electrónica para o curso 2016/17:

- Membros do departamento e materias impartidas por cada profesor/a.

- Horario de titorías e atención a pais/nais de cada profesor/a.

Visita dos alumnos do CS de Automatización e Robótica Industrial a DS Smith (Lantero)

                                                   

 

ELECTRICIDADE NO BOUZA BREY NAS REDES SOCIAIS

Agora xa é posible visitar os novos perfís do departamento de electricidade e electrónica en google+ e facebook. Só tes que premer nas seguintes iconas.

 

                                                            

 

 

Alumno premiado coa medalla de bronce na modalidade de Control Industrial dos Spainskills


Miguel García López, alumno de segundo curso do Ciclo Superior de Automatización e Robótica Industrial, foi o gañador da medalla de Bronce na modalidade de Control Industrial na última edición das olimpiadas de Formación Profesional Spainskills.
Logo de acadar o primeiro posto na edición galega Galiciaskills en outubro de 2014, o alumno participou representando a Galicia nas probas de Spainskills celebradas no IFEMA de Madrid os días 6,7 e 8 de maio de 2015.
Nestas probas o alumno tivo que demostrar as súas habilidades programando, configurando e axustando equipos de control industrial da marca SIEMENS, patrocinador das probas nesta modalidade.
O equipo docente e a dirección do centro están moi satisfeitos co traballo desenvolvido por Miguel, xa que non só é unha satisfacción para o alumno, senon tamén un aliciente para todos os seus compañeiros e profesores e para os futuros alumnos de formación profesional que ven desta maneira recoñecido o seu traballo e a súa valía.
Como patrocinador da proba, SIEMENS aportou os seguintes premios:
Para os gañadores das medallas de Ouro, Prata e Bronce:

Medalla de Ouro no Galiciaskills 2014 para un alumno do IES Fermín Bouza Brey

O pasado 7 de novembro de 2014 entregáronse no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela os galardóns da III convocatoria do Campionato Galego de Formación Profesional "Galiciaskills 2014". Este é un compionato, fundamentalmente práctico, na que alumnado de diferentes centros educativos galegos compiten en diversas skills ou especialidades de Formación Profesional.

Nesta convocatoria resultou premiado na categoría de Control Industrial Miguel García López, alumno que está a cursar o Ciclo Superior de Automatización e Robótica Industrial no IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa. Este alumno formará parte da selección galega que participará na 35 edición do "Spainskills 2015" e que terá lugar o vindeiro mes de abril en Madrid.

 

Distribuir contido