Novas

BARDOS 78

Un novo curso, un novo ano e Bardos está xa á vosa disposición con moitos contidos. A presentación do libro de José Ramón Alonso de la Torre, a celebración do 25 de novembro, o premio Erasmus+, a cita deportiva dos Panos Brancos contra a droga, a celebración do Mercado de Intercambio, o cine-forum na Biblioteca... son algúns dos contidos que reflicten a vida no noso IES o pasado trimestre. Ademais o tema que a Biblioteca traballa este curso: Desplastificándonos, asoma xa nas páxinas deste número. Na contraportada podemos ler un poema da vilagarciá Susana Sánchez Arins onde debuxa con palabras unha costa inzada do lixo plástico que xeramos os humanos.

Se queres acceder a estes e outros contidos da revista Bardos 78 en formato "pdf", preme nos adxuntos.

 

 

 

 

BARDOS 77

Se queres acceder os contidos da revista Bardos77 en formato "pdf", preme nos adxuntos, onde os nº de arquivo se corresponden coas páxinas da revista.

 

BARDOS 76

Se queres acceder os contidos da revista Bardos76 en formato "pdf", preme nos adxuntos, onde os nº de arquivo se corresponden coas páxinas da revista.

 

 

 

 

 

 

 

 

Bardos75

A revista Bardos75 na web

Se queres acceder os contidos da revista Bardos75 en formato .pdf, preme nos adxuntos, onde os nº de arquivo se corresponden coas páxinas da revista:

 

 

Bardos 74

Esta entrega de Bardos, que fai xa a número 74, dá conta das experiencias e actividades dun trimistre en que o noso instituto viviu algunhas novidades importantes. Temos un novo equipo directivo e estreamos un ciclo de ensinanzas deportivas, o ciclo de vela. A Biblioteca propuxo como fío conductor para as actividades deste curso: Camiños na Biblioteca. Así "Camiñando entre versos" é o título xenérico da actividade do Poema do mes. No Club de Lectura tamén se encetaron camiños con propostas como as distopías na literatura para adolescentes ou as historias do alén.

A colaboración de Mónica García Rodríguez e Antón Reimúndez foi un privilexio para o centro e, en particular, para a Biblioteca. Fixéronnos un agasallo moi especial: un mural cos versos que o gran poeta Aquilino Iglesia Alvariño dedicou a nosa vila e que ilustra a portada  do presente número.

BARDOS 74 fálanos dos inendios forestais, do Pergamiño Vindel, da Biblioteca Penzol, da celebración do 25 de novembro, dos torneos deportivos e un longo etc. Podemos destacar o artigo que escribiu Yanfei Qu no qaue nos fala da súa vida e dos seus gustos como lector.

A revista tamén fai unha crónica fotográfica sobre o Festival de  Nadal e envíalle un efectuoso saúdo á profesora Esther Cabrera, desexándolle unha pronta recuperación.

 

A revista Bardos 74 na web

Se queres acceder aos contidos da revista Bardos 74 en formato .pdf, preme nos adxuntos, onde os números do arquivo se corresponden coas páxinas da revista:

Bardos 73

BARDOS chega ao seu número 73 cun arrecendo a despedida. Nesta fin de curso deixa o labor de dirección un equipo humano que capitaneou unha xeira moi frutífera no IES Bouza Brey, caracterizada pola diversidade de proxectos, o traballo colaborativo e o bo entendemento entre o equipo docente. Nas páxinas da revista do noso IES hai un recoñecemento da súa entrega e do seu bo facer.
Tamén nos despedimos de Mariví Villaverde, que fixo da transmisión da memoria histórica a súa gran tarefa. Na obra Tres tempos e a esperanza deixounos un retrato vivo e impagábel da Vilagarcía de antes do 36, así como do terror e a represión durante a guerra. Mariví finou o 23 de abril, xusto o Día do Libro. Unha lembranza tamén de despedida para o escritor e fundador de BARDOS, Miguel Suárez Abel, que nos deixou despois de ter loitado contra unha anguriosa enfermidade.
Moitas outras actividades, novas e entrevistas completan o contido desta entrega de BARDOS, entre as que destacamos a nova edición de ENÓRMIC, a revista de banda deseñada dos Equipos de Normalización Lingüística do Salnés; a entrevista cos profesores Marcos Chaves, Pablo Villaronga e Iván Villar, que fixeron parte no seu día do INELGA, o equipo que escribiu as mellores páxinas do baloncesto masculino en Vilagarcía; a crónica do Intercambio e do ERASMUS+, o Clinic de Baloncesto no que participou Aíto García Reneses ou o Premio de Innovación na FP que colleitou o departamento de Electricidade e Electrónica por unha aplicación informática didáctica elaborada co software Labview.

 

A revista Bardos 73 na web

Se queres acceder aos contidos da revista Bardos 73 en formato .pdf, preme nos adxuntos, onde os números do arquivo se corresponden coas páxinas da revista:

 

Bardos 72

Esta entrega da revista BARDOS constitúe un recoñecemento á entrega dunha gran profesora recentemente xubilada: Ana García Moreira. Ademais de poder ler unha entrevista realizada por alumnas de 1º da  ESO, podemos ler tamén o seu discurso de xubilación. O entroido, a Regueifesta, a representación de Cousas de Castelao, o 8 de marzo e outros moitos temas teñen tamén o seu lugar neste número desta publicación.

 

Distribuir contido