Taboleiro

FORMULARIOS de MATRÍCULA para ESO, BACHARELATO, CICLOS FORMATIVOS e FP BÁSICA

Nos seguintes enlaces poderá descargar os arquivos cos formularios que hai que cumprimentar e a documentación que hai que presentar para a formalización da matrícula nas diferentes ensinanzas que se imparten no centro.

É fundamental facer a matrícula nas datas asignadas para cada curso e/ou ensinanza.

 

ESO BACHARELATO FORMACIÓN PROFESIONAL
1º ciencias

Ciclos Formativos (grao medio e superior), FP dual
e Ensinanzas Deportivas de Baloncesto e Vela

1º humanidades e CCSS
2º ciencias
FP básica

2º humanidades e CCSS

 

Horario de atención as familias para o Curso 2019/20


Para coñecer o horario de atención as familias por parte do profesorado, premer neste enlace:
Titorías

BARDOS 77

Se queres acceder os contidos da revista Bardos77 en formato "pdf", preme nos adxuntos, onde os nº de arquivo se corresponden coas páxinas da revista.

 

LIBROS DE TEXTO 2019/20

Para consultar e/ou descargar o listado dos libros de texto subscritos polo centro para o vindeiro curso prema AQUÍ.

 

ENTREGA de PREMIOS "ATRÉVETE a ter un idea 2019"

Francheska Guitiérrez e Lucía Iglesias foron galardoadas con premio "Atrébete a ter unha idea" que hoxe mesmo recolleron de mans da Conselleira de Educación.

 

FPdual no IES Fermín Bouza Brey

 

 

Díptico informativo: DESCARGAR

 

Páxina web de FPdual da Consellería de Educación: ACCESO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

TRANSFORMÁNDONOS COS CONTOS DO OUTONO

Cando estaba a piques de rematar o mes de novembro tivo lugar unha das grandes citas anuais: o Contos do Outono. O concurso de contacontos celebrouse este curso baixo o lema: "Transformándonos". Este é o leitmotiv escollido pola Biblioteca para que faga de fío condutor de todas as actividades organizadas. Xa que logo, os contos trataban sobre as metamorfoses, os cambios, as transformacións... Ben é verdade que houbo pouca fantasía e pouco terror. A maiores das historias versaban sobre os cambios vitais. Houbo accidentes, enfermidades, cambios de residencia, de colexio e mesmo orfandades. Iso si, non faltou o humor. Mesmo tivemos un monólogo filosófico a cargo de Joel Rubio.

 
Novamente un traballo moi difícil foi o do xurado. Nerea, Aizaia, Iván, Melisa e Vicenzo non tiveron demasiado tempo para deliberar e os concursantes puxéronllo moi difícil. Finamente, cando estaba eran horas de marchar, irrumpiron do Salón de Actos co veredicto e puidemos celebrar unha entrega de premios a fume de carozo.
 
As gañadoras desta edición foron Celia Gamarra e Sabela Leiro, de 1ºESO; Maïna Duteil e Tomás Cores, de 2ºESO ; Clarisse Gallego e Anxo Lúa, de 3º.
 
Pero hai que felicitar a todas as persoas que subiron ao escenario, polo seu talento, pola súa coraxe e por facernos pasar, un ano máis, tan bos momentos.


Noraboa a todas/os!!!

 

COMPRAS COMISARIADAS POLO EQUIPO DE ALUMNADO DA BIBLIOTECA

A actividade das compras comisariadas polo Equipo de alumnado Biblioteca resultou un éxito. Os participantes deron mostra dunha grande responsabilidade. Pecudaron, leron, reflexionaron e seleccionaron unha chea de libros para traer á Biblioteca. Foi moi emocionante. Moitas das participantes viñan cheas de ilusión e mesmo lendo os libros pola rúa. Astronomía, Medicina, Feminismo, Manga, historias LGTB, sobre a 2ª Guerra Mundial, Física, grupos de música...
As traballadoras da librería sorprendidas do ben que se portaron 23 adolescentes fedellando por todo o local.
Sobrepasamos os obxectivos que nos marcamos!!!
 
 

ENTREGA DE PREMIOS "ATRÉVETE"

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2018.

Hoxe, no salón de actos do Museo Pedagóxico Galego, os noso alumno Brian Oubiña Martiñán de 2ºESO-B e a nosa alumna Clarisse-Leyne Gallego Fontaine de 2ºESO-A, recibiron o premio "Atrévete a ter unha idea" dentro do programa"Eduemprende" da Consellería d Educación.

Noraboa polo traballo ben feito.

 

.

Esquema do sistema educativo

Distribuir contido