Pais/Nais

ROBÓTICA EDUCATIVA

 

Hoxe, 7 de febreiro, recibimos nos noso centro a visita de alumnos de 5º de primaria do centro adscrito CEIP Piñeiriño. Estes alumnos, que participan no seu centro nun programa de Robótica Educativa, coñeceron da man dos noso alumnos 2º Ciclo Superior Automatización e Robótica Industrial o funcionamento e aplicacións dos robots industriais.

Primeiro recibiron unha pequena introducción teórica sobre a historia de Robótica e viron vídeos das súas aplicacións. Posteriormente pasaron a comprobar o funcionamento dos dous robots industriais ABB de que dispón o noso centro, que foron programados para elaborar distintos deseños gráficos de Apple, Hello Kitty, R2D2, etc. ademais da resolución polo brazo robótico das coñecidas Torres de Hanoi. 

 

Se queres ver unha pequena mostra, preme nos enlaces aos vídeos:

Entrega de PREMIOS da ANPA

A ANPA do centro entrega o premio do sorteo das súas rifas.

Un ano máis realizouse o sorteo, atopando sempre a un gañador.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Sorteo organizado pola ANPA

A ANPA organizou un sorteo para subvencionar o Intercambio con Francia e a viaxe  a neve . O premio era unha noite no hotel Carril. Na seguinte imaxe temos a gañadora::

Excursión Fin de Curso a Cortegada

O sábado día 17 de xuño fixose a primeira excursión, organizada pola ANPA, para celebrar o fin de curso 2016/17. Foi todo un éxito. 

Esperamos continuar con esta experiencia os próximos cursos.

 

Batucada no IES Fermín Bouza Brey

A ANPA do instituto, en colaboración con este, proponvos esta actividade extraescolar, dirixida a todos ao alumnado interesado. Parte do alumnado xa coñece o profesor, pois xa colaborou na aula de música con algúns grupos.

Horario: Martes de 7 a 8 da tarde.

Espazo: Un aula do propio centro.

Profesor: Didier.

Custe: 15 €/ MES.

Tfn de inscrición: 657 290 808

O obxectivo será formar un grupo para tocar, utilizando como material tan só un cubo de pintura vello e unhas baquetas.

Para calquerta outra información, chamar ó telefono arriba indicado ou contactar coa ANPA

Enquisa hábitos alimentarios_FamiliasBouza

Prema no enlace para colaborar nesta enquisa: ENQUISA

Grazas pola vosa cooperación.

ABALAR NO BOUZA

 

 

 

 

    Varios profesores e profesoras empezan a utilizar os recen chegados equipos ABALAR.

    Na imaxe os alumnos de 1ºESO B poñendo en marcha os seus netbooks.

 

.

Distribuir contido