Taboleiro oficial
Incidencias TIC Fermín Bouza Brey
Enviado por admin o Ven, 22/09/2017 - 11:35Dende o enlace FORMULARIO TIC que se mostra baixo estas liñas, podedes acceder ao formulario de incidencias con respecto as TIC para a súa posible solución:
Formularios
Enviado por Alejandro o Lun, 08/03/2010 - 11:51LIBROS DE TEXTO 2019/20
Enviado por Alejandro o Mar, 18/06/2019 - 09:49Para consultar e/ou descargar o listado dos libros de texto subscritos polo centro para o vindeiro curso prema AQUÍ.
FPdual no IES Fermín Bouza Brey
Enviado por Alejandro o Mér, 15/05/2019 - 12:10TRANSFORMÁNDONOS COS CONTOS DO OUTONO
Enviado por Alejandro o Dom, 02/12/2018 - 09:59
Noraboa a todas/os!!!
COMPRAS COMISARIADAS POLO EQUIPO DE ALUMNADO DA BIBLIOTECA
Enviado por Alejandro o Dom, 02/12/2018 - 09:56DOCUMENTOS FIN DE CURSO (Profesorado de CICLOS, ESO e BACH.)
Enviado por Alejandro o Xov, 09/06/2016 - 09:35
INFORME DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADO - Profesorado CICLOS FORMATIVO |
O informe de avaliación individualizado será elaborado polo profesorado de cada módulo pendente, coordinado polo titor ou titora e en colaboración co resto do equipo docente.
O informe de avaliación individualizado realizarase para: alumnado con módulos pendentes, alumnado que non poida acceder á FCT por ter módulos pendentes e alumnado que se traslade a outro centro sen ter rematado o curso.
MODELO DE INFORME PARA DESCARGAR
Remitir en formato dixital á xefatura de estudos (ies.bouza.brey@edu.xunta.es).
Data límite: 27 de xuño.
INFORME DE FINAL DE CURSO - Titores/as de CICLOS, FPbásica e ENSINANZAS DEPORTIVAS |
O informe de final de curso será elaborado polo titor ou titora de cada curso.
MODELOS DE INFORME PARA DESCARGAR
CMA1 | CMD1 | CMM1 | CSD1 | CSM1 | FPbásica1 | TDB1 | |
CMA2 | CMD2 | CMM2 | CSD2 | CSM2 | FPbásica2 | TDB2 |
TDB3 |
Remitir en formato dixital á xefatura de estudos (ies.bouza.brey@edu.xunta.es).
Data límite: 27 de xuño.
MEMORIA DE DEPARTAMENTO - Xefes/as de todos os departamentos. |
Esta memoria é un documento que non ten que seguir un formato establecido, polo que os xefes e as xefas de departamento poden optar por utilizar o modelo que se ofrece dende a xefatura de estudos ou outro calqueira que consideren oportuno.
MODELOS DE MEMORIA DE DEPARTAMENTO QUE SE OFRECE DENDE XEFATURA DE ESTUDOS PARA DESCARGAR
Memoria departamento: FORMULARIO MATERIAS |
Descargarase un formulario para cada grupo-clase, se renomearán facendo referencia ao grupo-clase e serán cumprimentados por cada profesor/a que imparte docencia nese grupo-clase. O xefe de departamento recopilará estes formularios. |
Memoria departamento: FORMULARIO XERAL |
Descargarase só un formulario, se renomeará facendo referencia ao departamento e será cumprimentado polo xefe de departamento. Este formulario se xuntará aos de todos os grupo-clase. |
Descarga os formularios nunha das dúas opcións seguintes según o formato que che interese:
OPCIÓNS | |||
1ª | Para Writer de LibreOffice (software libre) | Formulario materias | Formulario xeral |
2ª | Para Word de Microsoft | Formulario materias | Formulario xeral |
Remitir os formularios das diferentes materias (un por curso e grupo) e o formulario xeral do departamento (1), en formato dixital, á xefatura de estudos (ies.bouza.brey@edu.xunta.es).
Data límite: 27 de xuño.
ABALAR_MÓBIL
Enviado por Alejandro o Mar, 20/10/2015 - 17:11
A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.
AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.
Preme para ver máis información
TokApp School
Enviado por Alejandro o Mar, 21/10/2014 - 00:23TokApp School é unha ferramenta de comunicación instantánea que facilita o envío de información dende o centro educativo (profesorado, titor/a, equipo directivo, etc.) ás familias.
TokApp School utiliza internet para comunicarse, polo que é necesario que o pai ou nai do alumno/a posúa un teléfono intelixente (smartphone ou tablet) para recibir a información.
Trátase dunha aplicación moi sinxela e complementaria a AbalarMóbil.
