Manuel Lourenzo no Bouza Brey

O escritor Manuel Lourenzo comparteu co alumnado do Bouza Brey o seu libro  "Flor de Area", a historia dunha moza iraquí nunha sociedeade conservadora e baixo a opresión da dominación estranxeira. O alumnado tivo a oportunidade de intercambiar impresións co autor sobre a súa literatura.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

BARDOS 65

Nesta primavera que chega amodiño vén de aparecer o número 65 da revista BARDOS con reflexións, experiencias e historias que convidan á reflexión. A literatura chega da man dos relatos escritos polas alumnas Isabel Núñez e Claudia Domínguez e a tradución do famoso poema Invictus feita por Mario Suárez. A interesante entrevista a Dimas Iglesias, a experiencia do Erasmus do Ciclo de Baloncesto en Suecia, artigos sobre o Día da Muller, sobre o sistema educativo actual, sobre o amor e as novas tecnoloxías. Para entreternos un chisquiño temos o xogo dos baby profes. O motivo da espléndida portada, deseñada por Desi Cancela de 2ºESO-B, é a celebración do Día da Paz.

Poderedes ler a revista BARDOS 65 en formato .pdf se, na web do centro, ides o menú " Revista escolar" e, na etiqueta "Novas", premedes na entrada "A revista BARDOS 65 NA WEB".

AS LETRAS GALEGAS NO BOUZA BREY

Neste ano 2014 a Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas a Xosé María Díaz Castro. Como Díaz Castro foi profesor dun colexio privado en Vilagarcía de Arousa entre 1940 e 1946 acordamos comezar a investigar sobre o tema. Foi así como descubrimos que aquí publicara os seus primeiros versos en galego. Unha cartolina con tres poemas cos que gañara un premio nos Xogos Florais que se celebraran en Betanzos en 1946. O texto publicouno a Libraría Celta que estaba na rúa Ramón y Cajal aquí en Vilagarcía.

Como imos atopando moita información decidimos crear un blogue (literatosbrey) para ir compartindo con todos vós o que descubrimos. Podedes opinar. A ver que vos parece!.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O día 8 de marzo con motivo da muller traballadora, a Biblioteca do Bouza Brey organizou unha exposición titulada "A muller na prensa" que se pode ver exposta nos corredores do ies ou no noso blog (blogbiblio). Asimesmo elaboramos cartulinas sobre mulleres xornalistas e un mural con propostas poético-literarias arredor deste tema.

Entroido de ciencia-ficción na Biblioteca

Este ano a Biblioteca animou o entroido cunha exposisicón de libros, comics e películas de ciencia-ficción. Por este motivo o profesorado disfrazouse de todo tiopo de extraterrestre: alieníxenas, marciáns e outros personaxes de ciencia-ficción. Para mostra tedes aquí a seguinte imaxe:

O día da Paz na Biblioteca

No mes de xaneiro celebramos o día da Paz no Bouza Brey e, por suposto, a biblioteca estivo ali con diferentes actividades: proxeccións, exposición de libros e películas, confección de murais, aproximación aos diferentes conflictos mundiais que ocorren hoxe en día, e a interpretación de varias pezas musicais, destacando entre elas a sinfonía nº 9 de Beethoven. Aproveitando o evento, ese 30 de xaneiro repartimos bicos gratis.

Aqui tedes unha foto que mostra un dos murais elaborados:

VISITA: DOMUS e MUNCYT (A Coruña) - 2014

O martes 21 de xaneiro, o alumnado de 3º da ESO foi de visita á DOMUS e ao MUNCYT como actividades complementarias das materias de BIOLOXÍA e TECNOLOXÍA respectivamente.

O alumnado comportouse moi ben e realizou os exercicios e actividades propostas para cada un dos museos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido