Bardos 71

Esta nova entrega de BARDOS vén con moitas as boas novas. Entre elas queremos destacar dous éxitos, o de Borja Abal Varela, ao proclamarse vencedor nas Olimpiadas Galegas de Formación Profesional na modalidade de Control Industrial e a do Club de Xadrez Fontecarmoa, que logrou proclamarse Campión de España Sub-18, despois de conseguir ser subcampión durante varios anos seguidos. Desde as páxinas da revista queremos facernos eco destes éxitos e felicitar a todas as persoas que os fan posíbeis, porque detrás destes acontecementos hai esforzo, organización, un traballo concienzudo e constante.


A excelencia é un valor moi importante e os vencellos que estes éxitos teñen coa comunidade educativa do IES Bouza Brey ten de producir en todas as persoas que a conformamos unha grande alegría. Pero en BARDOS somos conscientes de que o verdadeiro éxito éo traballo diario, a construción activa da formación, a participación, a convivencia dentro da diferenza... Moitas das actividades e das creacións que se recollen neste BARDOS 71 son froito desa concepción da educación: os Contos do Outono -que nesta ocasión nos convidaron a navegar con Castelao-, o Intercambio, o Poema da Semana, as creacións literarias, as reflexións sobre temas actuais do ámbito científico, cultural e social, etc.


Outros contidos interesantes son a entrevista a Pablo Varela, profe de Tecnoloxía -nela descubrimos que as persoas que traballamos nun instituto temos outras vidas máis alá das aulas-, as actividades xeradas desde a Biblioteca ou Festival de Nadal.

 

Clube de xadrez Fontecarmoa

O clube de xadrez Fontecarmoa, que naceu neste IES, é campión de España por equipos na categoría SUB-18.

Noaraboa!!!

 

Para máis información premer en:  XADREZ

Outro alumno do IES Fermín Bouza Brey campión do Galiciaskills2016 na modalidade de Control Industrial

Por segunda vez consecutiva  un alumno do 2º curso do Ciclo Supeior Automatización e Robótica Industrial IES Fermín Bouza Brey, Borja Abal Varela, proclamase vencedor nas Olimpiadas Galegas de Formación Profesional na modalidade de Control Industrial.

Este campionato, como xa sabedes, tivo lugar no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda durante sos días 30 de novembro e 1 de decembro. Nel, o alumno Borja Abal, natural de Ribadumia demostrou as súas destrezas na configuración e programción de equipos industriais: un autómata programable, un variador nde velocidade e a elaboración de pantalla de visualización do proceso.

Como premio vai representar á FP galega na modalidade de Contorl Industrial no vindeiro campionato nacional SpainSkills2017, que se celebrará en Madrid dende o 27 de febreiro ata o 4 de marzo. Cabe salientar qued na anteiro edición deste campionato estatal, outro alumno do IES fermín Bouza brey, Miguel García, resoltou gañador da medalla de bronce.

O equipo de profesores consideramos este merecido premio resultado do traballo en equipo e o esforzo e discipliona do alumno. Animamos dende aquí a Borja para que acade o mellor resultado posible no campionato SpainSkills2017 e ao resto do alumnado a participar nas seguintes edicións.

 

 

 

Para máis información:

Gañadores GaliciaSkills

Facebook do Departamento de Electricidade do IES Fermín Bouza Brey

Google Plus do Departamento de Electricidade do IES Fermín Bouza Brey

Probas GaliciaSkills 2016

O GaliciaSkills é o campionato galego da formación profesional que se celebra cada dous anos e consiste no desenvolvemento dunha serie de competicións relacionadas coas distintas especilaidades da formación profesional, nas que os participantes deben demostrar a súa competencia profesional.

Este ano, o alumnado do IES Fermín Bouza Brey de Mecatrónica Industriual e de Automatización e Robótica Industrial partiparon en Silleda,  edurante os días 30 de novembro e  1 de decembro, no GaliciaSkills2016. Nestas probas, o alumnado  mostra as súas destrezas nunhas probas relacionadas cos módulos que están cursando. Aquí tedes unhas imaxes do alumando concursando:

 

 

 

 

 

PRESENTACIÓN CURSO 2016/17

CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO 2016

ESO, BACHARELATO e 1º de FPbásica

Convocatoria de exames extraordinarios de setembro e datas para a matrícula de setembro por cursos.

Descargar ficheiro

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2016-2017

LISTADO LIBROS DE TEXTO

ESO e BACHARELATO - Curso 2016/2017.

DESCARGAR LISTADO

 

 

Distribuir contido