Condicións para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería

No documento que se adxunta a continuación podese atopar as condicións para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería no IES Fermín Bouza Brey.

CONTRATO _CAFETERÍA

Bardos 73

BARDOS chega ao seu número 73 cun arrecendo a despedida. Nesta fin de curso deixa o labor de dirección un equipo humano que capitaneou unha xeira moi frutífera no IES Bouza Brey, caracterizada pola diversidade de proxectos, o traballo colaborativo e o bo entendemento entre o equipo docente. Nas páxinas da revista do noso IES hai un recoñecemento da súa entrega e do seu bo facer.
Tamén nos despedimos de Mariví Villaverde, que fixo da transmisión da memoria histórica a súa gran tarefa. Na obra Tres tempos e a esperanza deixounos un retrato vivo e impagábel da Vilagarcía de antes do 36, así como do terror e a represión durante a guerra. Mariví finou o 23 de abril, xusto o Día do Libro. Unha lembranza tamén de despedida para o escritor e fundador de BARDOS, Miguel Suárez Abel, que nos deixou despois de ter loitado contra unha anguriosa enfermidade.
Moitas outras actividades, novas e entrevistas completan o contido desta entrega de BARDOS, entre as que destacamos a nova edición de ENÓRMIC, a revista de banda deseñada dos Equipos de Normalización Lingüística do Salnés; a entrevista cos profesores Marcos Chaves, Pablo Villaronga e Iván Villar, que fixeron parte no seu día do INELGA, o equipo que escribiu as mellores páxinas do baloncesto masculino en Vilagarcía; a crónica do Intercambio e do ERASMUS+, o Clinic de Baloncesto no que participou Aíto García Reneses ou o Premio de Innovación na FP que colleitou o departamento de Electricidade e Electrónica por unha aplicación informática didáctica elaborada co software Labview.

 

Premiadas no concurso Atrévete

O alumnado de 2º Curso da ESO participou no concurso, a nivel autonómico, ATRÉVETE, para o fomento do emprendemento. Resultaron premiadas as alumnas de 2ºESO A Lucía Chazo Bello e Irea Ferreiro Álvarez.

Parabéns para todas/os os participantes, especialmente as premiadas!!!

 

PREMIO DE INNOVACIÓN NA FP

O noso departamento de Electricidade vén de gañar un dos Premios de Innovación na FP !

O premio consiste nunha dotación económica de 5332 euros para desenvolver neste ano 2017 unha aplicación informática didáctica elaborada co software Labview e formada por nunha serie de maquetas virtuais que simulan diferentes procesos industriais (cinta transportadora, sistema de bombeo, de pesaxe, de mesturado de líquidos, etc.) que poderán ser controlados desde unha placa Arduino Uno.

Máis información nos perfís sociais do departamento:

 Enlace á nova no google+

 

Bardos 72

Esta entrega da revista BARDOS constitúe un recoñecemento á entrega dunha gran profesora recentemente xubilada: Ana García Moreira. Ademais de poder ler unha entrevista realizada por alumnas de 1º da  ESO, podemos ler tamén o seu discurso de xubilación. O entroido, a Regueifesta, a representación de Cousas de Castelao, o 8 de marzo e outros moitos temas teñen tamén o seu lugar neste número desta publicación.

 

Batucada no IES Fermín Bouza Brey

A ANPA do instituto, en colaboración con este, proponvos esta actividade extraescolar, dirixida a todos ao alumnado interesado. Parte do alumnado xa coñece o profesor, pois xa colaborou na aula de música con algúns grupos.

Horario: Martes de 7 a 8 da tarde.

Espazo: Un aula do propio centro.

Profesor: Didier.

Custe: 15 €/ MES.

Tfn de inscrición: 657 290 808

O obxectivo será formar un grupo para tocar, utilizando como material tan só un cubo de pintura vello e unhas baquetas.

Para calquerta outra información, chamar ó telefono arriba indicado ou contactar coa ANPA

Héloïse Gallego e Virginia Serantes premiadas no XXIII concurso de Adhesivos pola Normalización do Salnés

O martes 31 de xaneiro falláronse os premios do XXIII Concurso de Adhesivos pola Normalización Lingüística que organizan os institutos do Salnés. Nesta edición o tema proposto foi "SERES MÍTICOS CON PODERES SUPERLINGÜÍSTICOS. Heroínas, heroes, os seres mitolóxicos e o imaxinario popular".

Dos seis premios que se outorgaban en total, dous viñeron a parar ao noso centro, que foi seleccionado como sede da cerimonia de entrega dos mesmos.

Os traballos presentados polos 16 institutos participantes tiñan nesta edición unha alta calidade, especialmente nas categorías en que resultaron premiadas Héloïse e Virginia.

Hai que sinalar que os traballos realizados polo alumnado do noso instituto foron moi bos e variados. Houbo trasnos, xacias ou xanas, cocas ou dragóns, gatipedros, urcos, mouros, santa compaña,... Na galería de imaxes poderfedes comprobalo.

 

 

 

 

Distribuir contido