Presentación Revista Enormic

Os Equipos de Normalización Lingüística do Salnés veñen de publicar a revista Enórmic Banda deste curso 17-18. A artista Anémona de Río, autora do primeiro manga galego, é a responsable da portada e a contraportada. Para o limiar o convidado foi o profesor da universidade de Tokio Takekazu Asaka, moi coñecido polas súas traducións de autores e autoras galegas ao xaponés e moi querido na nosa comarca, que visita cada verán.

Os traballos publicados este ano corresponden a máis de 20 autores e autoras de 12 institutos diferentes. No acto de presentación estiveron presentes case que todos os autores e autoras das historias deste Enórmic Banda. Algúns deles tomaron a palabra para explicar a súa relación co mundo da banda deseñada e, en concreto, a súa participación en Enórmic, entre eles, o alumno do noso instituto Juan Elías Fernández Quintana, de 4ºESO-A.

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

Publicada a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

Máis información

 

CLINIC VILAGARCÍA 2018

 

IES FERMÍN BOUZA BREY

15-16 XUÑO 

PAVILLÓN DE FONTECARMOA Nº1 DE VILAGARCÍA DE AROUSA

Presentación de aplicación MQTDINO, resultado do Premio de Innovación na FP concedido en 2017.

Presentación de MQTDINO

Onte os alumnos de CS Automatización e Robótica Industrial presentaron a aplicación MQTDINO (Maquetas Virtuais Industriais para Arduino)
Trátase do resultado do Premio de Innovación na FP que foi concedido en maio de 2017.

Moitas grazas aos alumnos Diego Villaverde, Roberto Conde , Andrés Lede, Alex Varela, Javier González, Diego Súárez, Marcos de Tena, Darío Luna e Victor Mondragón. Bo traballo!


Sorteo organizado pola ANPA

A ANPA organizou un sorteo para subvencionar o Intercambio con Francia e a viaxe  a neve . O premio era unha noite no hotel Carril. Na seguinte imaxe temos a gañadora::

Bardos 74

Esta entrega de Bardos, que fai xa a número 74, dá conta das experiencias e actividades dun trimistre en que o noso instituto viviu algunhas novidades importantes. Temos un novo equipo directivo e estreamos un ciclo de ensinanzas deportivas, o ciclo de vela. A Biblioteca propuxo como fío conductor para as actividades deste curso: Camiños na Biblioteca. Así "Camiñando entre versos" é o título xenérico da actividade do Poema do mes. No Club de Lectura tamén se encetaron camiños con propostas como as distopías na literatura para adolescentes ou as historias do alén.

A colaboración de Mónica García Rodríguez e Antón Reimúndez foi un privilexio para o centro e, en particular, para a Biblioteca. Fixéronnos un agasallo moi especial: un mural cos versos que o gran poeta Aquilino Iglesia Alvariño dedicou a nosa vila e que ilustra a portada  do presente número.

BARDOS 74 fálanos dos inendios forestais, do Pergamiño Vindel, da Biblioteca Penzol, da celebración do 25 de novembro, dos torneos deportivos e un longo etc. Podemos destacar o artigo que escribiu Yanfei Qu no qaue nos fala da súa vida e dos seus gustos como lector.

A revista tamén fai unha crónica fotográfica sobre o Festival de  Nadal e envíalle un efectuoso saúdo á profesora Esther Cabrera, desexándolle unha pronta recuperación.

 

VIII edición do Torneo Deportivo Panos Brancos

Un ano máis o noso centro participou na VIII Edición do Torneo Panos Brancos. Este ano, o alumando do IES Fermín Bouza Brey non gañou nin a baloncesto nin a futbol, pero en salto de lonxitude  masculino quedamos primeiros. Como todos sabedes o importante é participar e mostrar interese por un modo de vida saludable, así que parabéns a todos os participantes.

 

 

 

Distribuir contido