Enquisa do alumnado para o proxecto lingüístico do Centro

Para realizar a enquisa preme sobre a imaxe correspondente ao que estás a estudar.

Moitas grazas pola túa colaboración.

 

    

 

           

 

 

Benvida

Benvidos á páxina do IES Fermín Bouza Brey

Programas nos que participa o centro

 

 

 

Erasmus+

 

FPdual

 

Abalar

 

Abalar Móbil

 

 
Resultado de imagen de contratos programa xunta 2018 Ensinazas deportivas

Contratos Programa

 

Programa TEI

 

       PLAMBE        

 

eduemprende

 

Ensinanzas deportivas

  

Feira Edugal 2020

O IES Fermín Bouza Brey participou na Feira Edugal 2020 ofertando todos os ciclos formativos que se imparten neste centro. Na foto podemos ver, entre outros, á Conselleira de Educación interesándose polo ciclo de Vela.

 

 

   

 

  

 

 

BARDOS 78

Un novo curso, un novo ano e Bardos está xa á vosa disposición con moitos contidos. A presentación do libro de José Ramón Alonso de la Torre, a celebración do 25 de novembro, o premio Erasmus+, a cita deportiva dos Panos Brancos contra a droga, a celebración do Mercado de Intercambio, o cine-forum na Biblioteca... son algúns dos contidos que reflicten a vida no noso IES o pasado trimestre. Ademais o tema que a Biblioteca traballa este curso: Desplastificándonos, asoma xa nas páxinas deste número. Na contraportada podemos ler un poema da vilagarciá Susana Sánchez Arins onde debuxa con palabras unha costa inzada do lixo plástico que xeramos os humanos.

Se queres acceder a estes e outros contidos da revista Bardos 78 en formato "pdf", preme nos adxuntos.

 

 

 

 

Entrega de premios

Hoxe, 29 de xaneiro, tivo lugar a entrega dos premios do sorteo das rifas da excursión á neve ás gañadoras por parte da ANPA e da Dirección.

O premio consiste nunha ruta á cabalo a cargo da empresa Hípica Ares.

 

Matrícula de ciclo final de Baloncesto e Vela.

A matrícula de ciclo final de Baloncesto e Vela é dende o mércores 8 de xaneiro ata martes 14 de xaneiro en horario de Secretaría (de luns a venres de 9:00 a 14:00 h)

Distribuir contido