Evitar navegación.
Principal

Historias en la Historia

lIBROS DA IDADE MEDIA

 

 Dise que a Idade Media foi unha época escura, pero en realidade foi unha época apaixoante. Descúbrea aprendendo máis desta etapa da historia: cabaleiros, mosteiros poderosos, invasións viquingas... Todo un mundo cheo de aventuras á túa disposición na nosa biblioteca.

Cuentos Un diamante para el rey  Carta al rey  Historia breve de los vikingos Vikingos  Raidhun
viaje de Gudrum  La roca  El camino de las ballenas La espada y la rosa Peregrinatio  Cruzada en jeans
Finis Mundi

 Cruzadas  Breve historia de las cruzadas  Las cruzadas vistas por los árabes  Ivanhoe  Cordeluna
 El señor del cero  Así vivían en Al-Andalus  Así van leyes  El vuelo de las cigüeñas  Endrina y el secreto del peregrino  Mensajes ocultos en el camino
Al-Andalus El libro de las maravillas M.P. no va  solo M.P. castillo en guerra La vida en un monasterio medieval
           
   La maldición del arquero Donde los árboles cantan  El vendedor de noticias La catedral del mar La catedral
Almanzor matemáticas El Cid Juana de Arco Marco Polo  

Finis Mundi

Finis Mundi

Francia. Ano 997 da nosa era. Michel, un xoven monxe cluniacense decide embarcarse nunha misión imposible. Segundo as revelacións do ermitaño Bernardo de Turingia. a fin do mundo vaise acercando e só hai un xeito de salvar a humanidade: invocar ao Espíritu do Tempo. Pero antes é preciso recuperar os tres eixos sobre os que se sustenta a Roda do tempo. Ninguén sabe onde están. Poderá cumprir a súa misión?

 

 

Actividades

Notas da autora

Proposta de actividades para diversas áreas e niveis

Un diamante para el rey

Un diamante para el rey

O emperador Mauricio de Bizancio envía a España ao mozo Basilio para que entregue unha carta e un anel cun diamante ao rei visigodo Leovixildo. O fillo maior do rei sublevouse contra o seu pai e algúns dos seus partidarios tratan de impedir que o anel chegue ao seu destiño. Basilio coñecerá as intrigas palacianas pero tamén a amizade e o amor.

 

   

Raidho

Raidho

Víctor, un rapaz adolescente, viaxa no tempo ata a época dos viquingos. Nada máis chegar, é capturado e convertido en escravo por una rapaza guerreira chamada Asgerd. Con ela e a súa familia emprenderá unha viaxe por mar que levará aos viquingos ao descubrimento de Groenlandia.

O libro ven acompañado dun despregable con datos moi interesantes sobre os viquingos.

Embárcate nesta aventura, non te arrepentirás.

   

El señor del cero

El señor del cero José é un mozo mozárabe que ten que fuxir de Córdoba, pola envexa que desperta pola súa facilidade para o cálculo. Refuxiado no mostrito de Ripoll, explicará alí as vantaxes da numeración arábiga, qo tempo que é testemuña das loitas dos condes e bispos cataláns para independizarse dos francos. Tamén coñecerá a Enma a que intentará axudar cando estea en perigro. Pero a ciencia de José resulta perigosa para algúns fanáticos que intentarán detelo.

Guía de lectura

Actividades

Carta al rey

Carta al rey

Unha estupenda aventura en plena Idade Media. En 2004 concedéronlle  o premio Griffel der Griffels ( premio de premios), ao mellor libro de literatura xuvenil dos últimos 50 anos.

É unha historia trepidante que nos obriga a ler sen parar. O xoven Tiuri, escudeiro do rei de Dagonaut, escoita uns sonidos extraños  a noite anterior ao seu nomeamento como cabaleiro. Rompendo as normas, fai caso á chamada dun ancián. Este pídelle que leve unha carta ao Cabaleiro Negro do Escrudo Branco, que se atopa cerca de alí. O cabaleiro agoniza tras caer nunha emboscada e antes de morrer pide a Tiuri que entregue no seu lugar a carta ao rei Unawen.

Aínda que a acción está ambientada nun mundo imaxinario, cheo de reinos e lugares fantásticos polos que o xoven Tiuri terá que pasar para chegar ao seu destiño final, os feitos son verosímiles e están situados na Idade Media.

  Enlace

Cuentos y leyendas de la edad Media

Miranda; Jacqueline

Editorial: Anaya

Este libro está composto por unha serie de relatos curtos da Idade Media: Cantares de Xesta, onde se funde o mito e a historia; contos humorísticos e morais, literatura satírica e contos de amor cortés.

 

No teu comentario indica o relato que máis te gustou.

Vikingos

Neste libro descubrirás, dunha maneira moi sinxela, moitas cousas interesantes sobre a historia, a forma de vida,

cultura e crenzas dos viquingos.

 

 

 

   
Distribuir contenido