Evitar navegación.
Principal

Gañadores Matemáticas na Raia 2018

Os alumnos de 3ºESO-B resultaron gañadores do IV Concurso Matemáticas na Raia.

Nesta edición, realizaron a proba máis de 400 alumnos galegos, resolvendo entre todos os da aula 5 problemas. O premio é unha fin de semana lúdico-matemático para toda a aula en Esposende- Portugal. 

PARABÉNS AOS GAÑADORES E A SÚA PROFESORA TAMARA FERNÁNDEZ!!

Premios extraordinarios de bacharelato curso 2017/18.

Dende o día 2 de maio, e durante un mes, está aberto o prazo para a presentación de solicitudes aos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2017/18. Máis información nos seguintes links:

2ª Circular informativa GRADUACIÓN 2º BACHARELATO

No día de hoxe repartiuse aos alumnos/as de 2ºBAC, unha segunda circular para as súas familias con nova información e instruccións sobre a graduación.

Pódese acceder á devandita CIRCULAR premendo no link en vermello

CONCERTO CONMEMORACIÓN DA FESTA DA EDUCACIÓN MUSICAL

O concerto de alumnos celebrado o pasado sábado 28 de abril na Igrexa parroquial de Santiago, e dirixido polo seu profesor Julián Jesús Pérez, con motivo da conmemoración da Festa da Educación Musical, foi un rotundo éxito.

Parabéns aos nosos artistas, alumnos e profesor!!

Pulsando na imaxe pódese acceder ao álbum de fotos

Mesas redondas de científicos 2018

    

Os alumnos e alumnas de Bioloxía de 4ºESO asistiron o pasado xoves 26 de Abril a unha xornada de mesas redondas. Nelas falaron con catro científicos sobre distintas carreiras e FPs, e aproximáronse ao mundo da investigación, o emprendemento e as oposicións.

Preme nas imaxes para ver máis fotos

XXIII DÍA da CIENCIA na RÚA 2018

 

O alumnado de 2º ESO do IESEBA participa no XXIII Día da Ciencia na Rúa con unha mostra de proxectos tecnolóxicos realizados por eles. Quen decida achegarse ao noso expositor poderá gozar de maquetas funcionais que aproveitan a enerxía eléctrica para diversas aplicacións. Recréanse grandes inventos da historia como a lámpada de Edison, un motor de corrente.

Estarán acompañados polos seus profesores, Juan Luis Naveira e Teresa Liz.

 

Premendo na imaxe pódese acceder ao folleto con información de tódolos centros participantes. Nós somos o centro número 34

 

CONCERTO CONMEMORACIÓN DA FESTA DA EDUCACIÓN MUSICAL

Con motivo da conmemoración da Festa da Educación Musical, o departamento de Música do IESEBA organiza un concerto de alumnos, dirixido polo seu profesor Julián Jesús Pérez, ao que están invitadas as familias e o claustro de profesores do centro.

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER AO PROGRAMA

23 de abril 2018: Libros que deixan pegada

 

 

 

 

Para celebrar o Día do Libro,

o alumnado do IESEBA recomenda...

"LIBROS QUE DEIXAN PEGADA"

Matemáticas na Raia 2018

Na tarde do pasado xoves 19 de abril, os alumnos de 3ºESO-B participaron no concurso “Matemáticas na Raia”, organizado pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) e pola Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal (APM)

Os nosos alumnos traballaron en equipo para dar solución aos 5 problemas que se lles propoñían, utilizando tanto os seus coñecementos como a lóxica.

O centro, o departamento e a súa profesora están moi contentos coa súa participación.

Bo traballo!!

 

Becas para estudos non universitarios

Con data do día 18 de abril publicáronse na páxina web do Ministerio as listaxes definitivas de bolseiros da convocatoria xeral do actual curso 2017/18. O prazo para a presentación de recurso de reposición por parte dos alumnos comeza o 19 de abril e finaliza o 18 de maio de 2018. Máis información na seguinte ligazón

Distribuir contenido