Evitar navegación.
Principal

EXAME SETEMBRO 3ºESO EPVA

Deberán traer ao exame unha lámina A4, escuadra, cartabón, regra, compás, lapis, afialapis e goma de borrar.

Tamén material para colorear, que poden ser lapis de cores, rotuladores, ceras, acuarelas e/ou témperas.

O exame consistirá en 5 exercicios que versarán sobre os contidos vistos ó longo do curso ata o confinamento. Todos os apuntamentos e os traballos realizados antes e durante a suspensión das clases están disponibles na aula virtual dentro do curso EPVA 3ºESO 

No caso de que por mor do COVID-19 non se puidera realizar presencialmente, se fará no mesmo horario a través de WEBEX. Neste suposto é fundamental asegurarse de dispoñer de un ordenador con cámara e micrófono cunha conexión a internet estable, xa que deberán permanecer conectados e visibles durante todo o tempo que dure o exame. Estará encadrado en todo momento o alumno/a, as mans, e a mesa que utilice. Se lle poderá pedir que achegue a lámina á cámara en calquera momento durante o exame. E ao rematar deberá enviar unha ou varias fotos da lámina segundo se lle indique para poder corrixir os exercicios.