Evitar navegación.
Principal

XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA NO IESEBA

Durante a semana do 13 ó 17 de marzo, terán lugar unas xornadas de orientación académica e profesional para alumnos de 3º e 4º de ESO, e de 1ºBAC, que previamente recibiron información sobre a oferta académica do centro.

Os profesores dos diferentes departamentos didácticos, xunto co departamento de Orientación, informarán sobre os contidos das diferentes optativas, e asesorarán ós alumnos acerca da elección  axeitada de opcións e itinerarios segundo os seus intereses académicos e/ou profesionais.

Estas xornadas desenvolveranse, para 3ºESO, nas respectivas aulas, durante as horas de titoría, e no caso de 4ºESO e 1ºBAC, na Biblioteca, durante os recreos.