Evitar navegación.
Principal

O IESEBA-11 en Semifinais

O xoves 2 de abril, o IESEBA-11 superou ao Otero Pedrayo no Campo de Fútbol Municipal de Culleredo "A Lavandeira" nun partido decisivo para a clasificación a semifinais. A victoria por 3-2 resultou máis difícil do inicialmente esperado polo meritorio encontro dos nosos rivais axudados pola fortuna.

Tal foi a mala fortuna dos laranxitos que na primeira parte remataron perdendo 1-0 logo de desperdiciar 4 boas oportunidades de gol.

Na segunda parte o control do balón e a excelente distribución do xogo desde o centro do campo fixo que nos adiantáramos no marcador aínda cun xogador menos por expulsión (era tanto o control e tantas as oportunidades erradas que por momentos se perderon os papeis).

Segundo a miña valoración persoal este foi o partido onde se viu más calidade técnica, control do balón, apertura do campo, pases precisos e goles traballados. De entre todos, Jacobo, o número 10, merece unhas palabras aparte: magnífico.

Otero Pedrayo 2 - 3 IESEBA

O éxito de asistencia no anterior partido non foi superado neste encontro aínda que seguimos a ser a envexa de todos os participantes.

Espero que en semifinais voltemos a demostrar o apoio ao equipo cunha asistencia masiva e cunha estética máis laranxa.

IESEBA CAMPIÓNA LARANXA MECÁNICA PASA A SEMIFINAIS

 

Celébrao resolvendo este PUZLE (modificado)

 

 

Se non podes visualizar o puzle é porque non tes instalado o JAVA.

Clica aquí para instalalo: DESCARGAR JAVA

 

 

A prensa faise eco da xesta do IESEBA: