INFORMACIÓN FAMILIAS

Información variada de interese para as familias sobre distintos aspectos da educación dos seus fill@s.

IMPORTANTE: LIBROS DE TEXTO DIXITAIS EN 1º E 2º DA ESO PARA O CURSO 17/18

Queremos anunciar á nosa comunidade educativa que, segundo resolución provisional publicada o 20 de xullo pola Consellería de Educación, o IES de Becerreá foi seleccionado  para participar no Proxecto E-Dixgal  a partir do vindeiro curso 2017-18. Isto supón que o alumnado ao que se dirixe, de 1º e 2º da ESO, terá libros dixitais e un ordenador persoal á súa disposición, como substitutos do libro de texto tradicional. Cando elaboramos o noso proxecto para participar no proceso de selección dos 30 centros que se escollerían, decidimos que participasen nel todas as materias destes cursos, agás Inglés (de momento). Así, e aínda que a normativa só esixe un número mínimo de seis materias en cada curso, nós participaremos con dez materias en 1º da ESO e con once en 2º. Isto supón que en ningunha das materias incluídas se precisa adquirir libros de texto.

NOVA DISTRIBUCIÓN DAS SESIÓNS LECTIVAS DENTRO DO NOSO HORARIO

PREME AQUÍ para coñecer a nova distribución das sesións lectivas dentro do horario establecido para o noso centro (que non sufre modificacións). Foi aprobada por unanimidade polo Consello Escolar o día 28 de xuño de 2017, despois de que a proposta fora presentada pola dirección do centro aos distintos estamentos da nosa comunidade educativa no mes de decembro.

HORARIO EXAMES CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA SETEMBRO 2017

Premendo aquí poderás coñecer as datas e horario dos exames de setembro, da recollida de boletíns de notas e de revisión de exames e reclamacións.

INFORMACIÓN FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO E AXUDA MATERIAL ESCOLAR 2017/18

PREME AQUÍ para obter información sobre o fondo solidario de libros de texto para o curso 2017/18.

PREME AQUÍ para obter información sobre as axudas para adquisición de material escolar para o curso 2017/18.

PREME AQUÍ para ver a Orde que regula os dous apartados anteriores.

CALENDARIO FIN CURSO 16-17

ESTE É o calendario referido ás datas de exames (ordinarios e para pendentes), avaliacións, entregas de notas, revisión de exames e reclamacións, para o remate de fin de curso 2016/17.

CONVOCADAS AXUDAS PARA FORMACIÓN EN INGLÉS, DIRIXIDAS AO ALUMNADO DA ESO E BAC

PREME AQUÍ para obter información sobre a convocatoria de axudas para a formación en linguas estranxeiras (mellora das compentencias en lingua inglesa), convocadas pola Consellería de Educación e que inclúe ao alumnado da ESO e BAC. O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2017. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 27 de marzo.

INFORMACIÓN SOBRE PROCESO DE RESERVA DE PRAZA E ADMISIÓN DO ALUMNADO.

A normativa que regula o proceso de admisión do alumando nos centros educativos, aparece recollida tanto no decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro), como na orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo), modificada pola orde do 25 de xaneiro de 2017.

O nº de postos escolares ofertado no IES de Becerreá para o próximo curso son:

ESO: 30 alumnos/as (un grupo)

BAC: 33 alumnos/as (un grupo)

Os prazos de presentación de solicitudes de reserva de praza e admisión son os seguintes:

- do 1 ao 15 de febreiro de cada ano, para o alumnado que, procedente dos dous centros  adscritos (CEIP San Xoán e CEIP As Nogais), reservan praza no noso centro (Anexo I).

A listaxe definitiva do alumnado admitido publicarase antes do 28 de febreiro no taboleiro de anuncios do centro.

NOVA INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE 2016-17

DESCARGA AQUÍ  o documento que resume a información contida nas instrucións que a Consellería de Educación enviou aos centros sobre a avaliación do Bacharelato para o acceso á Universidade para o presente curso 16-17.

 

DISTRIBUCIÓN HORARIA ALTERNATIVA

Podes desacargar aquí a presentación e análise da proposta de distribución horaria que modificaría á actual.

A dirección do IES de Becerreá está á disposición de calquera membro da comunidade educativa que solicite información ou aclaracións sobre esta proposta de horario.

NOVA NORMATIVA SOBRE AS AVALIACIÓNS FINAIS DE BACHARELATO E ESO

DESCARGA AQUÍ o Real Decreto-lei que regula, desde decembro de 2016, as avaliacións finais do Bacharelato e da ESO. No caso do Bacharelato, está avaliación final de etapa só será válida para o acceso aos estudos universitarios de grao, e xa non é precisa para acadar a titulación nesta etapa. Con respecto á da ESO, esta xa non ten valor académico (no se realizará para obter o título de graduado en ESO) e só terá valor diagnóstico, sendo realizada polos centros que cada ano se seleccionen.

Distribuir contido