Información COVID-19 CURSO 20-21

Información para a nosa comunidade educativa sobre as medidas de seguridade, hixiene e organización a respectar durante o curso 2020-21.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS HIXIÉNICAS ENTRE ALUMNADO DA ESO

Todo o alumnado que contara con axudas de material escolar da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no presente curso 2020-21 será beneficiario directo do reparto de máscaras que  serán adquiridas e entregadas polos propios centros educativos,  polo que neste caso non terán que formalizar ningunha solicitude. O resto do alumnado −aínda que non conte con axuda de material escolar− tamén poderá beneficiarse do subministro de máscaras sempre que reúna o requisito de renda "per capita" igual ou inferior a 6.000 euros. AQUÍ poden descargar a resolución que regula este reparto e que contén toda a información de interse, que previamente lles subliñamos para que sexa máis accesible. Nela poderán atopar como facer o cálculo desa renda "per capita" e tamén o formulario de solicitude (Anexo I, dispoñible no centro ou no portal www.edu.xunta.gal).

PLAN DE ADAPTACIÓN DO CENTRO Á SITUACIÓN COVID, PLAN DE CONTINXENCIA E PROGRAMA DE ACOLLIDA

DESCARGA AQUÍ O PLAN DE ADPATACIÓN do IES de Becerreá á situación provocada pola Covid-19. Nel recóllese a nova organización de distintos aspectos da vida cotiá do centro para facer fronte as demandas esixidas pola situación sanitaria na que nos atopamos. É o documento que regulará importantes actuacións da nosa vida diaria ata o cese desta situación.

ESTE É O PLAN DE CONTINXENCIA, que regulará actuacións diante da aparición dun gromo no centro, así como as que se desenvolvan en caso de ensino non presencial, incluíndo os horarios que rexirían.

DECLARACIÓN RESPONSABLE DAS FAMILIAS E ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN

DESCARGA AQUÍ (formato PDF) OU AQUÍ (documento de texto) esta declaración responsable a presentar polas familias no centro, comprometéndose á relización da enquisa de autoavaliación clínica do Covid (que se inclúe no protocolo da Consellería), e pola que tamén se comprometen a non enviar aos fillos/as ao centro no suposto de presentación de síntomas ou por convivencia, dentro da familia, cun posible afectado/a. Este documento deberá entregarse no centro nos primeiros días de clase, fisicamente (a través dos seus fillos/as) ou por correo electrónico. PREMENDO AQUÍ podes coñercer a enquisa de autoavalición clínica do Covid.

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN DOS CENTROS Á COVID 19 PARA O CURSO 20-21

DESCARGA AQUí a guía da Consellería de Educación para a volta segura ás aulas, que sinala os aspectos máis salientables do “PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIOS DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021” editado conxuntamente polas Consellerías de Educación e Sanidade. . E AQUÍ podes ver o mencionado protocolo ao completo (última modificación de novembro), por se queres obter información máis detallada (coas normas a respectar e as actuacións a desenvolver pola comunidade educativa sobre esta cuestión actual).

Distribuir contido