O NOSO CENTRO É O SEGUNDO INSTITUTO DA PROVINCIA DE LUGO CON MELLORES RESULTADOS NA ABAU ORDINARIA 2019-20.

Cun 100% de aprobados  na convocatoria ordinaria da ABAU desenvolta en xullo deste ano, o noso centro sitúase no 2º lugar entre os da provicia de Lugo, así como no grupo dos 10 primeiros de Galicia no que respecta ás cualificacións obtidas polo noso alumnado nestas probas. Despois da alteración que supuxo para todos nós a aparición da Covid-19 e das dificultades que tiveron que superar o profesorado, familias e alumnado de todos os niveis educativos, queremos transmitir os nosos parabéns ao alumnado de 2º de Bac, que nestas circunstancias amosaron compromiso e dedicación suficientes para superar o curso e posteriormente, aqueles e aquelas que optan por iniciar estudos de grao universitario, obter todos e todas un resultado positivo e destacado. Desexamos a Pablo D., Valeria, Bruno, Pablo F., Yolanda, Laura, Miguel, Elisa, Álvaro, Samara e Johana a mellor das sortes no proceso de admisión aos graos da súa elección e reiteramos  a nosa felicitación pola súa actitude e polos seus logros.