O IES DE BECERREÁ DONA MÁSCARAS PROTECTORAS ELABORADAS COA NOSA IMPRESORA 3D

Máscaras como as da foto foron xa entregadas ao Centro de Saúde e PAC de Becerreá (desde onde se repartiron tamén a outros centros da comarca, como o de San Román de Cervantes), así como ao centro xeriátrico de Baralla  ou á oficina de Correso de Becerreá. Esta inciativa é compartida con outros centros da comarca e da provincia.

As máscaras son elaboradas polo profesor do Departamento de Tecnoloxía, Juan Carlos Rodríguez, quen solidariamente decidiu trasladar a pequena impresora 3D do instituto ao seu domicilio para poder elaborar estas proteccións durante o confinamento. Seguindo o patrón dispoñible para a impresión do soporte, unha vez realizado colócaselle finalmente a pantalla plástica (que se poden ir substituíndo facilmente e reutilizar a máscara), para o que se aproveitan tapas de encadernación e transparencias para fotocopiadora. Aínda que estas últimas están actualmente en desuso, teñen agora unha finalidade moi práctica e valiosa nesta situación de carestía de medios de protección para o persoal sanitario. O proceso continúa e haberá máis entregas na próxima semana. Quédanos agradecer a actitude e o esforzo solidario do noso compañeiro Juan Carlos, exemplo de decisións e actuacións desinteresadas que tanto axudan e se agradecen en tempos de alerta sanitaria.

O IES DE BECERREÁ DONA MÁSCARAS PROTECTORAS ELABORADAS COA NOSA IMPRESORA 3D