O ALUMNADO DE 3º DA ESO VISITA A EXPOSICIÓN "CONVERXENCIAS ARTE E CIENCIA".

Nesta actividade organizada polos departamentos das materias de Bioloxía, Física e Química e Tecnoloxía, o noso alumnado de 3º da ESO visitou o Museo Provincial, no que se desenvolvía esta exposición. A proposta enmárcase dentro das actividades da Institución Galega de Ciencia, IGACIENCIA, para desenvolver o seu papel de plataforma de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade actual.
O obxectivo fundamental da exposición é ilustrar e profundar no diálogo entre a ciencia, a arte e a tecnoloxía, primando en todo momento a compoñente didáctica e divulgativa para achegarse ao público xeral e, especialmente, á xente nova. Trátase dunha proposta que propicia o tratamento STEAM nas aulas (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría Arte e Matemáticas). Unha maneira de traballar a ciencia e a arte en proxectos conxuntos, que impliquen ambos polos.
Explorar esa interacción dinámica selecciónanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo, iniciando a viaxe na arte castrexa, centrándose especialmente en movementos artísticos dos últimos séculos e rematándoa con obras de arte dixital 3D recentemente expostas en congresos internacionais. PREME AQUÍ para ver as fotos da actividade.