O IES DE BECERREÁ ACUDE AO I TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO DE GALICIA (TDAG)

O IES DE BECERREÁ ACUDE AO  I TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO DE GALICIA (TDAG)

Promovido pola Fundación Barrié, este I TDAG (http://www.fundacionbarrie.org/torneo-debate-2018) contará coa participación dun equipo do noso centro, como non podía ser doutra maneira despois da ampla traxectoria no Parlamento Xove e dos éxitos acadados desde a súa primeira edición (co nome de "Liga de Debate"), en abril do ano 2008. O grupo, coordinado polo profesor Xulio González, está composto por alumnado de 2º de Bac (Paula Álvarez, Marcos, Xoel e Gabriela) con experiencia de participación no Parlamento Xove, e por unha alumna de 4º da ESO, Paula Rubio, que se estrea neste tipo de concursos.

O noso equipo debuta o xoves 7 de febreiro e a fase final desenvolverase na xornada do venres 8. En total participan 264 alumnos e alumnas pertencentes a 56 equipos de 27 centros galegos, sendo o noso instituto o único representante dos centros lucenses. Moita sorte e ánimo ao noso alumnado, esperando que gocen desta experiencia á que acoden moi motivad@s e para a que se preparan sen escatimar esforzos.