ALUMNADO DO IES DE BECERREÁ PARTICIPA NA VI OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA

ALUMNADO DO IES DE BECERREÁ PARTICIPA NA VI OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA

Tres alumnos do noso centro, Pablo Fernández e Bruno de 1º de Bac, xunto con Pablo Ulloa de 4º da ESO, participaron e Santiago na segundo fase da VI edición desta proba (https://olimpiadafilosoficagalicia.weebly.com/), no apartado de disertación os dous primeiros e no de dilema moral o alumno da ESO, despois de ser seleccionados entre o alumnado do centro pola calidade dos seus traballos filosóficos presentados para tal fin. Por outra parte, a alumna Esther López (2º de Bac) participou na modalidade de fotografía (preme aquí para vela). Todos estes apartados desenvolvíanse sobre o tema "realidade e apariencia no mundo actual".

Os tres alumnos acudiron o día 18 de xaneiro á Facultade de Filosofía da USC en Compostela para a redacción  da súa disertación, traballo que debían completar nun tempo máximo de 90 minutos. Na semana do 12 ao 15 de febreiro coñeceremos se algún dos catro participantes son seleccionados para a fase final da Olimpíada Galega, onde exporían e defenderían os seus traballos. Desexámoslles sorte, pero con independencia do resultado final, parabéns xa pola súa selección previa e participación nesta segunda fase.