OS EQUIPOS DO IES BECERREÁ, PARTICIPANTES NO "PARLAMENTO XOVE 2018" , VISITAN BERLÍN

Aproveitando o premio aos vencedores/as na categoría de Bacharelato, dotado con 5.000 €, o alumnado compoñente dos tres equipos participantes neste torneo galego escolar de debate, acompañados polos tres profesores coordinadores, atópanse de viaxe en Berlín, estancia que transcorrerá entre os días 29 de xuño e 4 de xullo. Esta é a cuarta viaxe deste tipo (dúas anteriores a Roma e outra a Bruxelas), nas que o equipo (ou equipos) do noso centro que resulta vencedor na súa categoría, comparte o premio co resto dos alumn@s para poder viaxar tod@s xunt@s, sen importar quen gaña e como premio a un traballo e esforzo colectivo. Con isto demostran que son bos oradores/as, pero sobre todo, que son mellores persoas.

Na imaxe podedes ver ao grupo no "Monumento ao Holocausto" (monumento memorial aos xudeus asasinados en Europa) de Berlín. Desexámoslle a mellor das experiencias mentres gozan desta merecida recompensa.

OS EQUIPOS DO IES BECERREÁ, PARTICIPANTES NO "PARLAMENTO XOVE 2018" , VISITAN BERLÍN