CONCERTO DE FIN DE CURSO

CONCERTO DE FIN DE CURSO

Como é tradición, celebramos o concerto de fin de curso o pasado xoves 14 de xuño, coas actuacións dos grupos de 3º, 4º da ESO, o alumnado de Música de 1º de Bac e o grupo de música tradicional "Obertura Galega", formado por alumnos e alumnas de 3º,4º, 1º de Bac e varios profesores do centro. Neste VÍDEO recóllense as actuacións referidas, entre as que destaca a de 1º de Bac, por ser a última que fixeron como alumnos e alumnas da materia de Música.