RODAXE CINEMATOGRÁFICA NO IES DE BECERREÁ.

Non sen pouco esforzo e con moito traballo colectivo, o vestíbulo de edificio vello do noso centro pasou, como por arte de maxia, de ser un espazo amplo, aberto e diáfano, a ser un lugar pechado e reconvertido en oficinas dun xulgado. Todo para poder rodar nel unha das escenas da nova película do director galego con raíces familiares en Navia, Oliver Laxe. Este filme, titulado "Aquilo que arde" será rodado en boa parte na comarca da Montaña Lucense, e este edificio do noso centro foi escollido pola súa característica arquitectura, apropiada para representar unha oficina moderna localizada nun edificio de trazos propios de varias décadas atrás. As fotos que se presentan corresponden ao decorado instalado e a transformación que este supuxo nese espazo do edificio. Unha vez que se estree a película, expoñeremos na "galería de fotos" as imaxes da rodaxe e da escea que se desenvolve no centro. Son as imaxes dunha fin de semana excepcional no noso centro (17 e 18 de marzo), da que cómpre deixar testemuño.

 

RODAXE CINEMATOGRÁFICA NO IES DE BECERREÁ.